O Concello de Cabana inicia os traballos de ampliación do centro de día cun orzamento de máis de 300.000 euros

Sen definir

<p>O Concello de Cabana acaba de iniciar os traballos de mellora e ampliacións das instalacións do centro de día municipal, un proxecto que conta cun orzamento de 304.394,86 euros cofinanciados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención de 200.000 euros. Deste xeito, o novo centro de día contará cunha superficie útil de 335 metros cadrados fronte aos 135 dos que dispón na actualidade. Isto permitirá incrementar o número máximo de usuarios, que pasará dos 25 ata os 40. A nova distribución será dunha planta baixa, primeira e segunda que serán de uso cotián. As plantas con vivendas accesibles para usuarios de cadeira de rodas dispoñerán de ascensor ou rampla que as comunique coa entrada ao edificio. Ademais desta mellora, a nova estrutura estará dotada dun novo sistema que mellore a eficiencia enerxética, así como dispoñer de mecanismos que favorezan o aforro enerxético. O alcalde de Cabana, José Muiño, explica que se trata dunha intervención “dunha importancia enorme non só para a veciñanza do noso municipio, senón para toda a comarca”. Muíño destaca que a ampliación é unha das actuacións “de máis envergadura de todo o mandato”.</p>