Programas Básicos

Os servizos sociais de atención primaria organizan a súa actividade mediante o deseño, a execución e a avaliación de proxectos de traballo social que desenvolven os seguintes programas de actuación:

Programa de orientación, asesoramento e información.

Este programa ten por obxecto informa-los cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesora-las persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnóstica-la situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.

Programa de axuda no fogar.

Este programa ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora ós cidadáns no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia evitando así a súa posible institucionalización.

O programa de axuda no fogar está constituído polos seguintes tipos de prestacións:
- prestacións domésticas
- prestacións de carácter persoal
- prestacións familiares
- prestacións técnicas

Programa de inserción social.

Este programa ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

Programa de animación, prevención e cooperación social.

Este programa ten por obxecto potencia-la participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado. 

Programa de convivencia alternativa.

Este programa ten por obxecto a oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1557 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).