Sonoro

Cabana de Bergantiños foi e é unha terra de músicos populares. Como sonados representantes dos grupos de gaitas destacan Os Gaiteiros de Neaño e Os Gaiteiros de Anos. As pandeireteiras tocaban nas parroquias de Borneiro, Cundíns e pola Mata. Tamén ten memoria de moitos músicos de banda, de orquestra ou acordeonistas.

Todos eles converterona durante moito tempo nun referente dentro da música popular galega. A esta terra teñen acudido moitos investigadores para aprender as melodías cabanesas da talla de Dorothe Schubart, membros de Cántigas da Terra, de XAcarandaia, Milladoiro ou Ruote, entre outros.

De todas as pezas musicais conservadas ou creadas en Cabana de Bergantiños salienta a ?Muiñeira de Cabana?, obra composta polo gaiteiro Manuel Figueroa (Manuel do Bosque). Está incluída no repertorio de todos os grandes grupos de música folk galegos (Milladoiro, Luar na Lubre) ou mesmo estranxeiros (The Cheiftains)

Outros sons completan a banda sonora de Cabana de Bergantiños como son O Berro Seco ou o Himno a San Fins que perviven da voz de todos e cada un dos romeiros que cada día 1 de agosto acode á romaría de San Fins do Castro.

Neste apartado convidámoste a realizar un percorrido pola memoria musical e pola identidade de sons que naceron nesta terra de Cabana de Bergantiños.

Galego