Beneficiarios:
Persoas físicas promotoras das actuacións de remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrucción de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago. Tamén poderán ser beneficiarias aquelas persoas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a solicitasen nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude ou que, téndoa presentado nese período, rematese o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.