Escola Infantil Municipal "A casa dos títeres"

ENDEREZO

Escola Infantil Municipal “A Casa dos Títeres”
As Revoltas, s/n – Canduas
15116, Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Teléfono: 981 75 41 92

 

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “A CASA DOS TÍTERES”

A Escola Infantil Municipal cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionándolle ós/ás nenos/as unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social ou económica, mediante un programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral.

A EIM coopera cos pais/nais, titores ou representantes legais co fin de facilita-la conciliación da vida familiar e laboral e consegui-la mellor integración entre o centro e as familias.

Son obxectivos específicos da EIM os seguintes:
- Promover e fomenta-lo desenvolvemento integral e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas dos/as nenos/as.
- Facilita-la conciliación entre a vida familiar e laboral.
- Facilita-lo desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respeto, etc.
- Lograr un equilibrio afectivo satisfacttorio.
- Respeta-la singularidade e diversidade de cada neno/a.
- Posibilita-la integración progresiva dos/as nenos/as na cultura do seu medio.
- Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e actividades diarias.
- Facilita-la adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.
- Facilita-la integración dos/as nenos/as con necesidades educativas especiais
 


 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A idade mínima de ingreso queda establecida nos 3 meses, salvo situacións especiais, logo do informe dos servizos sociais municipais.
Os/as nenos/as poderán ser usuarios do servizo ata o momento da incorporación á educación infantil. No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal, no que constarán cun carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfonos para avisos en caso de urxencia, asi como tantas circunstancias aconsellen unha atención individualizada.
 


 

SOLICITUDES DE NOVO INGRESO

As solicitudes de novo ingreso, que se facilitarán no departamento de Servizos Sociais, presentaranse no rexistro xeral do Concello.
Estas solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación orixinal ou copia compulsada:

1) Documentación xustificativa da situación familiar:
a) Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte do pai, nai, titor ou representante legal.
b) Libro de Familia e Título de Familia Numerosa, de ser o caso.
c) Certificado de empadroamento e informe de convivencia real e efectiva realizado polo policía local do Concello.

2) Documentación xustificativa de ingresos: 
a) Declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigado a declarar, certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

3) Documentación xustificativa da situación laboral: 
a) Última nómina, certificación de empresa ou certificación de ser demandante de emprego.

4) Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación:
a) Certificado de minusvalidez alegada polos membros da unidade familiar.
b) Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outra afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
c) Informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provincias da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, servizos especializados de atención temperá da administración autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas, sobre a necesidade de integración no caso de nenos/as con discapacidades.
d) Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc.
e) Informe dos Servizos Sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditacion documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.

5) Documentación complementaria:
a) Tarxeta sanitaria 
b) Certificado médico do neno ou nena.
c) Dúas fotografías tamaño carné.
d) Compromiso co Regulamento de organización e funcionamento da EIM.
e) Autorización bancaria.
f) Autorización para a recollida dos/as nenos/as.
g) Autorización para o tratamento de datos persoais.
h) Autorización para saídas didácticas.
i) Autorización para a administración de medicación na EIM.
 


 

SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA

Os/as pais/nais, titores ou representantes legais de nenos/as xa matriculados/as neste centro que desexen renovar praza, presentarán a solicitude de reserva de praza na que deberán figurar os ingresos económicos actualizados. As variacións alegadas serán debidamente xustificadas.
Non poderá renovar praza o/a solicitante que, no momento de formaliza-la súa solicitude, manteña algunha mensualidade impagada de calquera curso.
 


 

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES

Reserva de praza
Do 1 ó 15 de abril: presentación das solicitudes no Departamento de Servizos Socias do Concello. (As variacións na situación económica ou familiar con respecto o curso anterior serán debidamente xustificadas).
Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula na EIM.

Admisión de novos/as alumnos/as
Do 1 ó 30 de abril: presentación das solicitudes no Departamento de Servizos Sociais do Concello. 
12 de maio: exposición da relación provisional de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.

Reclamacións: os solicitantes poderán efectúa-las reclamacións que estimen oportunas no Departamento de Servicios Sociais no prazo de 10 días contados a partir do día seguinte da publicación.
23 de maio: exposición da relación definitiva de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.
Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula na EIM.


Descargas

Ordenanza fiscal da EIM

Regulamento da EIM

Documentación necesaria

Compromiso regulamento

Autorización bancaria

Autorización para a recollida dos nenos

Autorización datos persoais

Autorización para saídas didácticas

Autorización medicación

Galego