Sendeiros por Cabana
Desde o Departamento de Cultura de Cabana de Bergantiños estanse elaborando unha serie de rutas de sendeirismo para dar a coñecer “paso a paso” a riqueza cultural e patrimonial do concello.
O seu deseño e redacción corresponde ó técnico de turismo, o historiador Ángel Eiroa Pose.
Son percorridos circulares que comezan e rematan nun mesmo punto e que contan con paneis con mapas, marcas de itinerario correcto e díptico informativo. Estes itinerarios complementan e amplían as Rutas turísticas e a Senda do Anllóns que se describen noutros apartados desta web.
Ruta Arqueolóxica por Borneiro ↗
Este itinerario ten como puntos de partida e chegada o castro A Cidá de Borneiro.
Tralas pegadas dos Riobó↗
Este percorrido transcorre por un interior de Cabana de Bergantiños que amosa curtos vales…
Ruta do rego dos muiños ↗
Esta ruta comeza no Lodeiro, principio e final da Senda do Anllóns, e acaba no castro A Cibdá.
0 Comments