Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SENDAS DOS ANLLÓNS

A senda do Anllóns encóntrase nun dos espazos naturais máis importantes de Galicia: na enseada da Insua. Transitándoa, percórrense tres quilómetros de marxe fluvial polos últimos treitos da ribeira cabanesa do Anllóns, río que vertebra xeograficamente a comarca de Bergantiños.

A senda, que se inicia na praia do Curro e remata no Lodeiro, conduce ós seus usuarios a todo un mundo de sensacións naturais e paisaxísticas descoñecidas para moitos dos veciños e visitantes da
Costa da Morte.


Nun paseo por ela, sempre mantendo o máximo respecto polo entorno, poderanse observar aves autóctonas ou migratorias, flora endémica, embarcacións, vellos oficios, tradicións artesanais como a carpintería de ribeira ou, entre outros, percibir a presenza deste espazo en diversos textos da historia da literatura galega.

 AVES
 CARPINTERIA DE RIBEIRA
 EMBARCACIÓNS
 FAUNA
 FLORA
 LECER
 LITERATURA
 NAUFRAXIOS
 TOPONIMIA
 VELLOS

0 Comments

There are no comments yet

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *