- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Santo Estevo de Cesullas
Cruceiro do Sacramento
É o cruceiro máis salientable do concello debido á gran cantidade de elementos decorativos. Está construído en granito. A plataforma é cadrangular e ten tres graos. O pedestal é cadrangular e remata en chafráns. Ten mesa adosada na que aparece unha lápida de granito na que aparecen dous anxos nos laterais do relevo e unha custodia no centro. O varal é octogonal con chafráns. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é cadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes polas súas catro caras. No anverso Cristo, cos pés pousados enriba dunha caveia e tibias, aparece crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, ten as mans abertas, carece de coroa, ten pelo trenzado, o paso da pureza aparece anoado á dereita e arriba está a cartela de INRI. No reverso, a Virxe enriba dunha peaña aparece en actitude de orar cos dedos entrelazados. Nos laterais, obsérvase unha imaxe feminina orando con rosario e un San Francisco.
Cruceiro da Aspera
Constrúese de granito e formigón. A plataforma é unha pilastra de formigón. O pedestal ten forma cadrangular. O varal é octogonal con comezo cadrado e con paramentos recadrados. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é octogonal con remates florenzados.
Cruceiro de Neaño
Construído en granito. Carece de plataforma e pedestal dado que está incrustado no muro de peche dunha propiedade. O varal octogonal comeza e remata en cadrado. O capitel é cadrangular moldurado. A curz é cadrangular de brazos con bocel e remates florenzados con botón central.
Cruceiro de Villa Fanny
Totalmente construído en granito. A súa plataforma é cadrangular cun grao. O pedestal é cadrangular rematado con chafráns. O varal é todo octogunal menos na base que comeza en cadrado. Un dos seus aspectos singulares é o capitel coa súa forma troncopiramidal octogonal invertida con volutas nas catro esquinas. A cruz é cadrangular de brazos con chafráns. No anverso, está Cristo crucificado con tres cravos, de mans abetas e con coroa de espiñas, o pano da pureza anoado á esquerda, cartela do INRI, San Francisco abrazando o crucificado e Cristo mirando a este santo. No reverso, aparece a Virxe orante coas mans xuntas e con coroa á cabeza.
Cruceiro de San Fins I
Está construído en granito. A plataforma e o pedestal están enterrados. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cúbico. A cruz é cadrangular con brazos achafranados. No anverso, Cristo crucificado con tres carbos, cabeza inclinada á dereita, mans pechadas, carente de coroa, pano da pureza anoado á esquerda, rodéano a Virxe e San Xoán. No reverso, a Virxe en actitude orante, de mans xuntas e con nimbo.
Cruceiro de San Fins II
Construído en granito. A plataforma é cadrangular de dous graos. O pedestal é circular coma o pé dun muíño. Todo o resto do cruceiro é enormemente singular que o cataloga como un dos máis interesantes do concello. O varal é circular, leñoso con nós semellante a unha árbore espida de casca. O capitel é cilíndrico, con astrágalo circular liso, ábaco de lado rectos e cabezas de anxos con ás. A cruz é circular e tamén leñosa con nós; ten remates florenzados. No anverso, Cristo amósase crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, con coroa de espiñas, pano de pureza atado á dereita e enriba da súa cabeza a cara do Pai. No reverso, a Virxe en actitude orante con mans e dedos entrelazados e uns anxos desde os paos da cruz coróana.
Cruceiro de Ternande
Combina granito con formigón. A plataforma e o pedestal están enterrados. O varal é circular con catro nós na parte superior. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é circular con figuras xeométricas uníndolle os paos polo centro.
Galego