- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
San Xoán de Borneiro
Dolmens de Dombate
Conxunto megalítico da Idade de Pedra formado por dous dolmens, un antigo e pequeno, outro máis moderno e coñecido co nome da Catedral do megalitismo galego. Véxase o apartado Dolmen de Dombate.
Dolmen ou mámoa da Gándara
É coñecido no mundo da arqueoloxía desde o ano 1924, hoxe case non se conservan restos. A mámoa orixinaria podía medir uns 15 m de diámetros un uns 2 de altura. Encóntrase en terreos de transición entre monte baixo e leiras de cultivo. O túmulo foi moi rebaixado polas tarefas agrícolas. Hoxe só se converva unha lousa fracturada da antiga cámara poligonal e o túmulo moi rebaixado.
Mámoa nº 1 de Agranova
Ten 15 m de diámetro e 1 m de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bo.
Mámoa nº 2 de Agranova
Ten 12 m. de diámetro e 50 cm de altura; emprázase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bo.
Mámoa nº 3 de Agranova
Ten 13 m de diámetro e 60 cm de altura; sitúase en terreos de monte baixo; un camiño de carro degrada a súa parte central.
Mámoa nº 4 de Agranova
Acada os 10 m de diámetro e 30 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bastante bo.
Mámoa do Cruceiro da Portela
Ten 12 m de diámetro e 80 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o seu estado de conservacióné aceptable, pese a que un camiño de carro pasa pola marxe sur e un camiño de servizo de prado deterioraron o aspecto superficial do túmulo.
Cista da Insua
Xacemento datado na Idade do Bronce e que foi destruído en 1975 por mor dunhas tarefas agrícolas. Tras a súa destrución foi levada á casa dos seus descubridores. Na actualidade encóntrase depositada no Museo Arqueolóxico da Coruña. Deste monumento funerario consérvanse sete lousas que posúen un grande interese pola decoración gravada que presentan catro delas.
A decoración é a seguinte. Lousa A: dúas liñas paralelas polos lados maiores serven e marco; banda 5 triángulos equidistantes sen pechar no vértice superior; fileira de 5 cazoletas equidistantes que se corresponden dun modo aproximado cos vértices dos triángulos; paralelamente, liña recta con 11 pequenos triángulos perpendiculares. Lousa B: repite a anterior decoración. Lousa C: dúas fileiras (de 8 e 9, respectivamente) de triángulos enfrontados. Lousa D: repite a decoración anterior, pero con fileiras de nove triángulos. O arqueólogo Manuel Lestón sospeita que no lugar no que se encontrou a Cista da Insua pode haber outras máis no subsolo.
A Cidá de Borneiro
Asentamento fortificado da Idade do Ferro emprazado nun extremo do Chan de Borneiro. Conta con croa, terrapléns, foxo, antecastro e un barrio de entremurallas. Foi obxecto de escavacións desde o ano 1932. É o único recinto castrexo escavado en toda a Costa da Morte. Durante moitas tempadas do ano conta con servizo de guía turístico. Véxase o apartado A Cidá de Borneiro.
Castro ou Castelo de Borneiro
Foi recoñecido en 1984 pola arqueóloga Ana Mª. Romero Masiá. É un asentamento fortificado da Idade do Ferro ou mesmo Medieval construído no alto dunha floración granítica dos montes de Borneiro. A croa é de tipo ovoidal de 95 x 60 m. Delimítase por un terraplén natural de abundantes afloracións rochosas; os febles vans destas floracións foron pechados por grandes bloques de pedra. A croa circúndase de dous antecastros cara o Sur, Leste e Oeste que fortalecen o sistema defensivo. Posúe un excelente estado de conservación e aínda se poden ver partes da muralla que delimitaba algún dos antecastros.
O Caldeiro
É unha mina de adscrición cultural indeterminada. Preséntase como un corte situado na parte baixa da ladeira que se observa fronte á Cidá de Borneiro. Ten como dimensións 150 m de longo, 20 m de ancho e 6 m de fondo. Na parte alta presenta unha sección transversal en V; na parte baixa e próxima ó rego dos Muíños, forma un gran semicírculo. A súa utilidade foi a extracción de recursos primarios. É unha mina moi semellante ás explotadas ó longo do Noroeste peninsular durante a ocupación romana. É posible que a súa datación corresponda a esa época ou mesmo á época castrexa.
Galego