San Paio de Cundíns

Machado neolítico

No ano 1994, a familia da alumna María Torres do CEIP As Revoltas, ó realizar unhas tarefas agrícolas nunha leira no lugar da Margarida, encontrou un machado bifacial pulimentado que o arqueólogo coruñés Eduardo Navarro datou dos anos 3500 e 3000 a.C., do Neolítico final. Para o profesor Fernando Garea, este machado debeu formar parte dun enxoval funerario dado que presentaba unha estrutura moi limpa, sinal de que nunca fora empregado.

Galego