Érase unha vez un pintor naíf pola Costa da Morte

María Xosé Pousa Rodríguez
Concello de Cabana de Bergantiños / Deputación da Coruña, 2007

As seis escolas rurais de Cabana de Bergantiños (Neaño, Anos, Borneiro, Cundíns, Fontela e Corcoesto), agrupadas baixo o nome de CRA Os Remuíños, sumáronse ó 25 aniversario do cumprimento en que o pintor de Borneiro Manuel Lema Otero conseguira o Iº Premio de Pintura Naíf da Fundación Barrié de la Maza. Cada unitaria pintou en mural unha das obras de Manuel Lema.

Dentro desa homenaxe dos máis novos de Cabana ó seu veciño pintor naceu o volume Érase unha vez? un pintor naíf pola Costa da Morte da profesora María Xosé Pousa Rodríguez. Nel inclúense sete actividades nas que o alumnado terá que pintar, recortar, pegar ou completar distintos cadros de Manuel Lema. A finalidade é que cada neno non só coñeza desde idade temperá o seu veciño pintor, senón que tamén aprenda de modo divertido a través da pintura.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).