- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Manuel Lema Otero
Pintor naif e inventor
Borneiro (Cabana de Bergantiños) 04.06.1916
Borneiro (Cabana de Bergantiños) 06.08.1991
Manuel Lema Otero é a persoa máis singular da parroquia cabanesa de Borneiro por varios motivos. Por ser home de moitos oficios: labrador, carpinteiro-encofrador, emigrante, pintor, inventor, vendedor de pitos e pensos, escavador no castro A Cidá. Por ser persoa de varios nomes: Manuel do Monte, o Home dos Pitos. E por ser o pintor e inventor máis famoso de todo Cabana de Bergantiños.
Moi pouca xente da redonda sabía que Manuel do Monte pintaba, cando, no ano 1981, gañou o primeiro premio (dotado con 200.000 pesetas) do Concurso de Arte Naif ou Inxenuísta convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Contaba daquela con 65 anos. A este certame pictórico presentáranse 575 obras e Lema Otero, das dez que depositara a concurso, saíu vencedor con "La Batalla del Ebro" e metera outras dúas na final. O xurado, formado por persoas de prestixio como Juan Antonio Vallejo-Nájera, declaraba que o cadro do pintor de Borneiro estaría «entre os 12 mellores naif de España» e cualificábao como "orixinal e libre na súa exposición". Como recoñecemento por este premio, o concello de Cabana homenaxeouno en febreiro de 1982.
Tras este éxito, viñeron as exposicións colectivas e individuais. As primeiras realizounas na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. As individuais, en Ponteceso, Vimianzo, Negreira, Baio, O Couto ou Cabana de Bergantiños. En Vimianzo e Cabana impartiu conferencias arredor do seu traballo como pintor naïf. Ademais, moitos dos seus cadros forman parte de pinacotecas individuais espalladas por Laxe, Baio, A Coruña ou mesmo Suíza.
Manuel Lema pintaba polas noites, quitándolle horas ó sono, nun galpón da casa, despois das duras tarefas do campo. A afección por pintar nacéralle na infancia, xa que desde os primeiros anos lle reclamaba a seus pais lapis e papeis que consumía a pasos axigantados debuxando todo o que se lle poñía por diante: barcos, casas, persoas, vasos, vacas.
A obra pictórica de Lema Otero ten moito de autobiográfico. Os cadros repasan momentos de cando estivo na Guerra Civil, de cando traballou de encofrador ou de cando participou nas escavacións da A Cidá. Moitas das pinturas teñen certo sabor didáctico ó emitir mensaxes de denuncia contra unha sociedade enterrada no vicio, no alcoholismo e formada por unha xuventude sen cabeza. A abundancia de temas relixiosos e a presenza constante da súa paisaxe natal van conformando un mundo creativo cheo de interese.
Outra das facetas creativas de Manuel do Montefoi a de inventor. Tamén de cativo, cos amigos da aldea, comezou a elaborar todo tipo de aparellos. Un dos primeiros foi o sistema para conseguir metano a partir de esterco con tubos de barro. Andando os anos, saíron do seu maxín o libro das quinielas, xoguetes articulados, moldes para capiteis, termómetros de fornos, sistemas de alarmas contraincendios ou a bomba de auga sen gasto de enerxía. Os inventos de máis sona, e que conseguiron patente, foron a tella plana e a incubadora dos pitos. Este último artiluxio deulle de comer durante moito tempo, dado que se dedicou a comercializar crías de galiñas por todas as aldeas da Costa da Morte, de aí que nalgúns lugares se coñecese co nome de "O Home dos Pitos".
Galego