CORCOESTO

Galego

CASTRO DE CORCOESTO

O castro de Corcoesto presenta unha croa circular duns 95 metros de diámetro nos que o parapeto contaría con pouca altura. O seu estado de conservación é excelente a pesar de ser utilizado como terras de cultivo.

SANTA MARIÑA

A capela conta cunha planta de salón, unha soa nave e ábsida e un teito a dúas augas. A fachada é plana e presenta unha espadana simple coroándoa.

Coñécese a existencia dun sillar dunha deusa da fertilidade prerromana que na actualidade de conserva na ábsida da parroquia de San Martiño de Cores en Ponteceso.

O retablo dataría do reinado de Isabel II no século XIX, sendo obra do párroco Antonio Rodríguez Ardeleiro.

A romaría de Santa Mariña celébrase no campo da carballeira o 18 de xullo onde se realizan merendas e outras festas gastronómicas.

O cruceiro de Santa Mariña do Remuíño é un do  máis singulares do concello. Construído en granito conta cunha plataforma enterrada e un pedestal cuadrangular. O varal é cadrado con cafráns mentres que o capitel é cilíndrico con astrágalo circular liso, un ábaco de lados curvos e vértices agudos con follas de bordos lobulados. A cruz é cuadrangular con brazos achafranados, a cartela co INRI, a coroa de espiñas, os cravos e o corazón con sete espadas.

 

MINA DE SANTA MARIÑA

A mina de Santa Mariña adscríbese culturalmente á época romana e preséntase como un gran corte moi pronunciado na ladeira do monte a carón do río Anllóns.

 

REITORAL 

Pazo señorial con pombal e cabazo datado do século XVIII. A casa consistorial conta cunha planta rectangular con cuberta a dúas augas, muros de mampostería en elementos de sillería na formación de ocos e cornixas. O hórreo é de pedra e conta cuns 10 metros de longo cun soporte de tipo “celeiro”, polo que se conta con dous pisos. A ventilación conséguese graxas as fiadas de pedra e pezas menores intercaladas. Ademais, presenta un patín para o acceso á cámara. Nos terreos consérvase un pombal de sección circular típico na zona.

A primeira referencia á casa reitoral atópase no Libro eclesiástico no expediente do Catastro de Enseada do 1753. A casa sería un claro exemplo da arquitectura tradicional das casas reitorais da comarca de Bergantiños. A comezos do século XX realizóuselle unha ampliación.

A prensa histórica fai referencia ás diferentes situacións pólas que pasou o edificio (atentados no 1902 e 1922). Así, foi habilitada na súa planta baixa nos anos 60 como local social da parroquia ata o seu abandono no 1979 co falecemento do último sacerdote.

O estado de conservación de todo o complexo é desfavorable, atopándose en gran medida en ruínas.

 

SAN PEDRO

Conta na fachada cunha torre campanario e dous camelios que a enmarcan. No interior gárdase a imaxe de Santa Mariña que só se traslada ata O Remuíño o día da romaría. Conta cunha planta de cruz grega co brazo maior máis alargado e tellado a dúas augas.

 

MÚSICA

Rosa de Corcoesto

Meniña, rapaza nova,
¡ouh rosa de Corcoesto!,
que te brandeas con gracia
ós doces sopros do vento,
s'é certo que por ti vivo,
s'é certo que por ti peno,
se tan doce e dadivosa
como din que es é certo,
cúrame, ¡ouh rapariga!,
estas suidades que teño,
estas suidade da alma,
e non sei que, que padezo.
¡Ti tes dos meus males a doce manciña,
Ouh rosa de Corcoesto!

 

BIBLIOGRAFÍA

Kirk Martínez, O. e Díaz Carro, P (2012), Cancioneiro de Cabana de Bergantiños, Cabana de Bergantiños. 

Garea, F., Giadás, L. e Navarro, E. (1995), Cabana: Análise histórica e social, Cabana de Bergantiños; Deputación da Coruña. 

Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1557 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).