Artístico

O territorio de Cabana de Bergantiños está dividido eclesiásticamente en dez parroquias. Cada unha delas conta coa súa respectiva igrexa matriz. Pero ademais, este concello, como terra de sonadas romarías, posúe unha interesante nómina de capelas. Dalgunhas, como a capela de San Marcos ou a de San Sebastián, só queda memoria na vella documentación ou das xentes.

O resto artístico religioso máis de Cabana de Bergantiños é o rosetón prerrománico da ermida de San Fins do Castro. Da época románica destacan os canzorros de Santo Estevo de Anos. Do estilo barroco salienta como xoia o retablo da pequena igrexa de San Martiño de Riobó

A maioría das advocacións parroquias son masculinas: San Pedro en Corcoesto e Silvarredonda, San Martiño en Riobó, Santo Estevo en Cesullas e Anos ou San Paio en Cundíns. Nas ermidas aparecen as advocacións femininas: O Carme do Briño e o de Neaño ou Santa Mariña do Remuíño en Corcoesto.

As dez parroquias de Cabana de Bergantiños teñen máis de medio cento de cruceiros ó longo do seu territorio. A freguesía con maior número é San Xoán de Borneiro xa que conta con once exemplares; mentres que a máis cativa é Cundíns, con tan só un. Un modelo construtivo singular e digno de observación é o dos cruceiros viradoiros de Borneiro xa catalogados polo galeguista Daniel R. Castelao no libro As cruces de pedra na Galiza. Ademais, polas súas imaxes e decoración, destacan o cruceiro do Sacramento e o de San Fins, en Cesullas, e o dos Romero en Canduas.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1557 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).