Arqueolóxico

Dentro do mundo da arqueoloxía, Cabana de Bergantiños é un dos concellos máis destacados en Galicia porque no territorio cabanés se encontran dous importantes xacementos arqueolóxicos: o dolmen de Dombate, coñecido como a Catedral do megalitismo galego, e a castro A Cidá de Borneiro, un recinto castrexo mostra da cultura castrexa autóctona do noroeste peninsular. Non obstante, estas dúas xoias non deben facer esquecer as variadas e abundantes mostras de pegadas arqueolóxicas esparexidas por todo o concello. 

Existen grandes concentracións de mámoas na Piolla (Nantón), en Borneiro e na Eirita (Anos). Hai mostras de todas as épocas arqueolóxicas: mámoas e antas da Idade de Pedra, cistas e petroglifos da Idade do Bronce; castros da Idade do Ferro; explotacións auríferas da época romana; e torres da Idade Media.

Galego