Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Catedral do Megalitismo de Galicia

Dombate

Estructura

Excavacións

Apareceu debaixo do túmulo do Dombate Recente. Del quedan poucos restos. Só se conservan parte dun dos soportes da cámara. Grazas ós negativos da implantación das lousas da cámara púidose concluír que esta era pequena, alongada, aberta e composta de nove ortostatos reforzados por un lixeiro contraforte. 

A coiraza e a masa tumular presentaban unha forma de funil na abertura da entrada á camara para facilitar o acceso á mesma. Tamén aparaceron as laxes horizontais do círculo peristalítico así como pedra da coiraza que se observan na actualidade nun dos muros testemuña. 

O túmulo primitivo tería unhas medidas de 10,5 m de diámetro e 1,00 m de altura. A cámara estaría formada por nove ortostatos cunha abertura ó Leste cunha entrada en forma de pozo.

 

Dombate está formado por un túmulo de planta irregular de forma acorazonada composto de terra limpa sobre a que se colocou unha coiraza de pedras de pequeño tamaño. Este túmulo envolve unha cámara poligonal que se extende cun corredor de catro metros e desenvolto en tres treitos. O corredor pechase cunha lousa vertical a modo de porta. A estrutura de acceso ó anterior configúrase como complexa: primeiro, unha incurvación na planta da masa tumular e na coiraza; despois o dromos, adro ou corredor descuberto horizontal no que apareceron 20 idoliños de pedra, unha zona enlaxada con pedras planas, un espazo de pavimento composto de grava e a porta de entrada ó corredor. Por comparación, dos dous Dombates presentan dúas formas diferentes de acceso á cámara: o Antigo ten un acceso simple conformada por unha invaxinación no túmulo e a coiraza a modo de funil; o Recente posúe unha forma moito máis complexa.

En Dombate realizáronse as segundas grandes escavacións do megalitismo na Costa da Morte. A primeiras foron efectuadas polo matrimonio alemán, George Leisner e Vera, no dolmen de Pedra Cuberta (Treos. Vimianzo).

Dombate escavouse durante os veráns de 1987, 1988 e 1989. Foron dirixidas polo arqueólogo José María Bello Diéguez, hoxe director do Museo Arqueolóxico da Coruña no que se depitaron os achados localizados tanto en Dombate como no castro A Cidá. 

A maior parte dos gastos de escavación foron cubertos pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia.

 

.

Dolmen de Dombate

Considerado como a “catedral” do megalitismo galego, é un dos monumentos megalíticos mellor conservados. Xa era coñecido no século XIX por Murguía, pero a súa popularidade medrou cando o poeta Eduardo Pondal, natural e veciño de Ponteceso, lle adicou un famoso poema en Queixumes dos pinos (1885).

“Pasado Vilaseco… xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate…”

Aínda recordo, aínda, cando eu era estudiante, garrido rapacete, que ben rexerse sabe; cando iba pra Nemiña a estudiar o arte do erudito Nebrija e do boo Villafañe; e iba a cabalo, ledo, cal soen os rapaces. Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate

Ese fragmento é un poema do poeta galego Eduardo Pondal, incluído na súa obra Queixumes dos pinos (1885), concretamente no poema “A campana d’Anllóns”.

Corredor

Constructores

Cámara

Dombate recente é un dolmen de corredor. Este obsérvase diferenciado en planta e alzado. Posúe unha lonxitude de 4,10 m e unha anchura oscilante entre os 0,95 e 1,40 m. A altura do corredor vai medrando a medida que se achega á cámara (desde os 0,95 ata 1,50). O corredor foi un dos achados das escavacións de Dombate. Está orientado ó poñente. Fórmano tres chantas ou esteos a cada lado cunha lixeira inclinación cara a dentro na parte superior. A cuberta do corredor encóntrase desprazada de sitio. A laxe de peche presenta un pequeño escote na súa parte inferior

 

Para erguer o Dombate recente suponse que foron necesarios uns 140 homes se transportaron os lousas sen axuda de rolos e 53 no caso contrario.

As grandes pedrea coas que se levantou o Dolmen de Dombate, non foron estaídas do monte de Borneiro máis próximo, senón do Castelo de Lourid, ou do Campo de Mina, máis afastados, debido a que estas eran máis doadas de traballar.


É poligonal. Ten unhas medidas de 4,20 x 2,5 m de diámetro e 2,90 de altura. Está formada por sete lousas chantadas ou ortostatos e unha gran tampa que as cubre. A altura máxima da cámara é de 4,65 m.

 

Estructura

Dombate está formado por un túmulo de planta irregular, de forma acorazonada. Contén unha cámara poligonal cun corredor de catro metros, dividido en tres treitos. A entrada está formada por unha lousa vertical a modo de porta. Na zona do adro apareceron 20 idoliños de pedra, unha zona enlaxada e unha entrada pavimentada con grava.

É o monumento máis visible e destaca pola súa monumentalidade. Ofrécese información detallada no resto de apartados.

O dolmen de Dombate estivo presente na literatura histórica xa desde os autores do século XIX. O primeiro propagandístico deste xacemento foi Manuel Murguía quen na súa Historia de Galicia o estuda en 1901. 

Tras as escavacións de finais da década dos 80, José María Bello Diéguez descobre que o xacemento de Dombate está formado por dous momumentos ademais doutros achados nos que aquí se fala noutros apartados

A lenda do dolmen de Dombate conta que a tampa da cámara foi transportada á cabeza por un encanto feminino e que este construíu o dolmen mentres palillaba. 

En 1910, o hispanista irlandés Spencer Dogson trata sobre el nun artigo publicado en La Voz de Galicia. En 1924, os compoñentes do Seminario de Estudos Galegos, Ciriaco Pérez Bustamante e Isidro Parga Ponda, publican un amplo estudo que tivo gran difusión naquela época baixo o título de ?Los dólmenes de Dombate y la Gándara? no Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo. 

José María Bello Diéguez descubriu que Dombate non era un, senón dous monumentos superpostos que foron construídos en distinta época e que el denominou Dombate Primitivo e Dombate Recente. Era a primeira vez que na Península ibérica se encontraba un caso de superposición de monumentos megalíticos nun mesmo emprazamento.

En 1938, George Leisner inclúe nun estudo sobre o megalistismo noroccidental a primeira planta rigorosa de Dombate. Anos máis tarde E. Shee Twohig e M. C. García Martínez realizan un estudo dos gravados que xa foran identificados por Manuel Murguía. En 1981, E. Shee Twohig realiza en Oxford a tese de doutoramento co título de The Megalithic Art of Western Europe no que describe a Dombate como ?un monumento de cámara poligonal máis ancha ca longa, con corredor ben diferenciado da cámara tanto en planta como en sección, y con gravados nalgunhas lousas da cámara presentando os motivos de The Thing (A Cousa) e ondulados?. 

Pinturas

Aparecen nas bases das lousas da cámara e do corredor por debaixo do nivel da terra que ofrecía a cámara antes de escavar. Son liñas horizontais, zig-zags e puntiños negros e vermellos

Enxoval lítico

Encontráronse trapecios de sílex, follas enteiras ou fragmentadas, conta de colar toneliformes, puntas de frecha de base triangular en sílex ou cuarzo, hachas e aixolas pulimentadas.

Cerámica

Encontráronse fragmentos de cerámica toneliforme

Excavacións

Xa se apreciaban antes da escavación de Dombate e están situados en altura por riba do chan da cámara sen escavar. Aparecen no interior da cámara en tres lousas verticais. 

No século XIX, o historiador Manuel Murguía xa citaba os gravados de Dombate. No século XX, foron descritos polos investigadores E. Shee e García Martínez como ?un corpo de trazos paralelos co seu eixo vertical estendido e provisto dunha base trapezoidal dando ó conxunto unha imaxe bicónica. Unha dobre liña semalla unha asa que corre da parte superior do corpo ata a unión desta e a base?. Noutra lousa hai varias liñas onduladas que aparentan ondulacións serpentiformes.

Esta sucesión cronolóxica de monumentos deu paso á teoría da monumentalización (superposición de xacementos) fronte á da necroplización (construción de xacementos nunha mesma área).

Gravados

Escavacións

As escavacións realizáronse nos veráns de 1987, 1988 e 1989, dirixidas por José María Bello Diéguez. Os achados foron depositados no Museo Arqueolóxico da Coruña. As obras foron financiadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia.

A Cámara

É poligonal e ten 4,20 x 2,5 m de diámetro por 2,90 m de altura. Está formada por sete ortostatos e unha gran tampa que as cobre. A altura máxima é de 4,65 m.

Lenda

Durante as escavacións atopáronse 20 idoliños colocados na entrada. Representan figuras humanas e tiñan unha función protectora. Tamén apareceron en outros dolmens como Cova da Moura, Axeitos e A Mina da Parxubeira.

Idoliños

Durante as escavacións localizáronse unha vintena de idoliños de pedra situados na entrada do dolmen. Estas pequenas figuras, de carácter simbólico, representan formas humanas e estaban asociadas a funcións rituais ou de protección.

Tamén se teñen documentado idoliños semellantes noutros monumentos megalíticos como a Cova da Moura, Axeitos ou A Mina da Parxubeira.

Gravados e Pinturas

As lousas mostran trazos zigzagueantes, puntos vermellos e negros, e figuras bicónicas. Foron descritos por Manuel Murguía no século XIX e posteriormente analizados por investigadores como E. Shee e García Martínez.

Superposición de monumentos

O dolmen está formado por dous monumentos superpostos: Dombate Primitivo e Dombate Recente. É o primeiro caso documentado en toda a Península Ibérica con esta estrutura complexa.

José María Bello Diéguez descubriu que Dombate non era un, senón dous monumentos superpostos que foron construídos en distinta época e que el denominou Dombate Primitivo e Dombate Recente. Era a primeira vez que na Península ibérica se encontraba un caso de superposición de monumentos megalíticos nun mesmo emprazamento.

Esta sucesión cronolóxica de monumentos deu paso á teoría da monumentalización (superposición de xacementos) fronte á da necroplización (construción de xacementos nunha mesma área).