Corporación Municipal

Saúdo do Alcalde

Compráceme, como alcalde de Cabana de Bergantiños, dirixir un agarimoso saúdo a tódolos visitantes deste concello situado no corazón da Costa da Morte.
En cada curruncho do noso concello terán ocasión de descubrir a riqueza da paisaxe, a hospitalidade das xentes e un importante legado histórico que lles transmitirá experiencias inesquecibles.
Unha terra na que son evidentes as pegadas dos nosos antepasados que 5.000 anos atrás levantaron o Dolmen de Dombate como desafío ao paso do tempo; terra na que descubrirán vellas formas de vida visitando o Castro A Cidá; na que gozarán dunha variada flora e fauna que contempla o señorial discorrer do río Anllóns que desemboca na impresionante enseada da Insua, un dos máis importantes refuxios de aves a nivel europeo. Xa na costa o visitante quedará abraiado polas nosas calas recollidas e polo espectáculo azul do Atlántico.
O atractivo paisaxístico e monumental, tamén ten a súa réplica nunha excepcional gastronomía na que xogan un importante papel os produtos autóctonos da ría, da costa e da nosa terra.
Cabana de Bergantiños, comunión entre mar e terra, agarda ao visitante para ofrecerlle unha riqueza de experiencias que de seguro o han de engaiolar. Ante todo, grazas pola súa visita.
Un saúdo
José Muíño Domínguez
Alcalde de Cabana de Bergantiños
Estrutura organizativa do Concello de Cabana
Un equipo unido para servir o noso Concello
Administración Xeral
Servizos Sociais e Desenvolvemento Local
Seguridade, Tecnoloxía e Cultura
- Secretaría:
- María Garrote López
- María Cristina Candal (Aux)
- Intervención:
- Patricia Chas Filgueiras
- Yolanda Imia Antelo ( Aux)
- Oficinas Xerais:
- Ana Belén Santos Ferreira
- Arquitecto:
- Enrique Vilar Gantes
- Traballadora Social:
- Margarita Docanto Alonso
- Mª del Carmen López Souto (Aux.)
- Educadora Familiar
- Cristina Morandeira Muíño
- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local: Silvana Facal Martínez
- Arquitecto:
- Enrique Vilar Gantes
- Policía Local:
- 618 74 73 76
- Informático:
- Javier Manuel Lozano García
- Cultura e Deportes:
- Silvia Losada Crende
- Martín Martínez Riobó
- Bibliotecaria:
- Pilar García Rial
- Subalterno:
- Juan Antonio Rama Tedín
Concelleiros do PP
- Alcalde:
- José Muíño Domínguez
- Concellería de Obras e Servizos:
- Carlos Allo Cundíns
- Concellería de Sanidade, Igualdade e Servizos Sociais:
Sheila Recarey Varela
- Concellería de Relacións Veciñais e Participación Cidadá: Begoña Torrado Lema
- Concellería de Educación e Xuventude:
- Sandra Méndez Blanco
- Concellería de Traballo e Formación
Sonia Sande Lista
- Concellería de Economía, Industria e Urbanismo
Borja Andrade Montes
Concelleiros do BNG
- Tatiana Rellán Castro
- Sandra Redondo Fernández
- Marcos Lois Costa
- Alba Villar López