Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Publicacións EduCabana

As carpinterías de ribeira de Cabana

Autor: Xurxo Alfeirán / Juan A. Rama
Publicado: 12/05/1997
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 1
Descrición:

Unha carpintería de ribeira é un taller situado a carón do mar adicado á construcción e reparación dos diferentes tipos de embarcacións de madeira.

A razón de porqué esta ribeira foi abondosa nestes talleres, cando paradóxicamente non é o cabanés un pobo especialmente mariñeiro de mar adentro, hai que búscala nos tres factores seguintes:

a) A tranquilidade das súas augas, situadas en lugar interior, protexidas por montes e con acceso directo ó mar, feito que facilita os labores derivadas desta actividade.

b) A longa superficie do areal como espacio ideal para a construcción das embarcacións.

c) A abundante materia prima, a madeira, dos bosques de Cabana.

As mariscadoras do esteiro do Anllóns

Autor: Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns
Publicado: 11/05/2010
Idioma: Galego
Categoría: Vídeos
Páxinas/Duración: 22
Descrición:

Este audiovisual forma parte das actividades de promoción do berberecho do Anllóns dentro das axudas concedidas ós Grupos de Acción Costeira 2007-2013 (GAC). Como exemplo de actividade divulgativa orientada a escolares o vídeo explica o traballo desenvolvido polas mariscadoras na súa actividade diaria.

Aves de Galicia

Autor: Obra Social La Caixa / Xunta de Galicia
Publicado: 17/05/2012
Idioma: Galegos
Categoría: Videos
Páxinas/Duración: 2
Descrición:

Folleto informativo da exposición “Aves de Galicia” cedida pola Xunta de Galicia na Semana Santa de 2012. A exposición constaba de 14 paneis a toda cor, dúas proxeccións audiovisuais tituladas: “Biodiversidade natural de Galicia” e “Zonas de Especial Protección de Aves na Costa da Morte”, así como un punto informático interactivo.

Aves do Esteiro do Anllóns (Cabana Sostible)

Autor: Aporta Comunicación
Publicado: 17/05/2007
Idioma: Galego
Páxinas/Duración: 6
Descrición:

Fragmento do vídeo “Cabana Sostible” con impresionantes imaxes da avifauna do Esteiro do Anllóns e testemuños de expertos como José Luís Rabuñal Patiño.

BEN FALADO. Escola municipal de teatro.

Autor: RTVG
Idioma: Galego
Categoría: Vídeos
Páxinas/Duración: 4
Descrición:

Ben falado! é un microespazo de catro minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruibal, e que promove e financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No capítulo 415 a Escola de Teatro de Cabana de Bergantiños é protagonista: “Aprender enredando é a mellor maneira de aprender calquera cousa pero o teatro nestas idades é moi educativo porque solta os rapaces a falar en público”

Berberecho do Anllóns

Autor: Agrupación de mariscadoras Río Anllóns
Publicado: 04/05/2010
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 6
Descrición:

Folleto informativo da Agrupación de Mariscadoras do esteiro do Anllóns que achega ó público información xeral sobre o Esteiro do río Anllóns, o berberecho, o marisqueo, a comercialización, o consumo e remata cunha receita para a degustación deste prezado molusco.

C.R.A. Os Remuíños

Autor: C.R.A. Os Remuíños
Publicado: 21/12/2001
Idioma: Galego
Categoría: blogues anteriores
Descrición:

Páxina web oficial do CRA Os Remuíños que comezou a funcionar no curso 2001-2002 e ten a súa sede na parroquia de Anos (Cabana de Bergantiños)

Cabana

Autor: Xosé Luis e J.M. Laredo/Efrén Vázquez Vázquez/Xurxo Lobato
Publicado: 23/05/1989
Idioma: galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 29
Descrición:

Foi unha das primeiras guías turísticas do concello de Cabana de Bergantiños. Editada pola Deputación da Coruña, as excepcionales fotografías de Xurxo Lobato ilustran un percorrido pola xeografía, historia, lugares de interese, igrexas, pazos, cruceiros, festas e romerías.

Cabana no tempo

Autor: Francisco Xavier Castro Beizana
Publicado: 18/05/2000
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 22
Descrición:

Ao comezar a elaborar esta unidade didáctica, propuxémonos acadar unha serie de obxectivos cos rapaces á hora de realizar o percorrido polos catro puntos seleccionados do Concello de Cabana de Bergantiños: o castro A Cidá de Borneiro, o dolmen de Dombate, unha carpintería de ribeira e un muíño de auga.

-Potenciar o coñecemento do entorno máis inmediato dos rapaces para a súa propia valoración do que eles teñen ao seu arredor.

-Exercitar a súa imaxinación e a súa propia capacidade de asimilación e elaboración de preguntas sobre os diferentes temas tratados.

-Non se pretenderá “atafegar” ao alumno con moitos conceptos, senón que se tomará como unha viaxe turística relaxada, pero ao mesmo tempo, intentar estimular o interese dos alumnos a través de diferentes actividades propostas máis adiante.

-Acadar no alumno unha actitude positiva con respecto a todo aquilo que está observando “in situ” nos distintos lugares visitados.

-Atinxir un bo ambiente e grao de compañeirismo entre os componentes da excursión.

-Mostrar como os distintos puntos de visita son orixe de diversas composicións literarias.

Cabana Sostible

Autor: Aporta Comunicación
Idioma: Galego
Categoría: Videos
Páxinas/Duración: 20
Descrición:

O concello de Cabana de Bergantiños atópase en pleno corazón da Costa da Morte, na patria do poeta Eduardo Condal. Percorrer os seus camiños supón o descubrimento de espazos naturais de grande interese así como de xacementos prehistóricos de primeira orde como o Dolmen de Dombate ou o castro A Cidá de Borneiro. Tamén atopamos fontes milagreiras e máxicas carballeiras, igrexas e capelas ou tamén espazos de vida como a Enseada da Ínsua que permiten desfrutar da observación de aves migratorias ou do espazo dunar da Barra do Monte Branco.

A relación do home coa natureza marca o desenvolvemento do territorio. Cabana loita polo aproveitamento racional dos seus recursos co obxectivo de obter a sostibilidade do entorno e a vida en armonía neste paraíso natural que preside o esteiro do Anllóns.