Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Publicacións EduCabana

A Insua

Autor: Xosé Manuel Varela Varela
Publicado: 16/08/2006
Idioma: galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 11
Descrición:

Espazo privilexiado en Europa para a observación de aves en migración

 

A desembocadura do Anllóns como recurso educativo. A Insua é un caderno que abre múltiples perspectivas de traballo e observación do esteiro do Anllóns para a escola. Oferta tres propostas de actividades: antes, durante e despois da visita. Prímanse as novas tecnoloxías para o ensino. As actividades, todas da carácter práctico e para cubrir no propio caderno, céntranse no mundo das aves, da fauna, da flora, da carpintería de ribeira ou da literatura, entre outras. Á parte do caderno do alumnado, inclúese un solucionario para o profesorado.

 

Concello de Cabana de Bergantiños / Consellería de Medioambiente

A REVISTA. Encontro interxeracional ó redor do cancioneiro de Cabana.

Autor: RTVG
Publicado: 08/02/2012
Idioma: Galego
Categoría: Vídeos
Páxinas/Duración: 4
Descrición:

Profesores, alumnos de secundaria do CPI As Revoltas e usuarios do Centro de Día de Cabana de Bergantiños foron os destinatarios das actividades organizadas polo concello arredor do Cancioneiro de Cabana de Bergantiños e a modo de celebración adiantada do día de santa Icía. Pablo Díaz, Olga Kirk e Xosé Manuel Varela mantiveron este encontro no que explicaron diversas propostas didácticas e musicais baseadas no libro. Os maiores de centro tamén participaron con coplas e bailes neste encontro interxeracional gravado pola Televisión de Galicia.

A regueifa en Cabana de Bergantiños

Autor: Domingo Blanco
Publicado: 11/11/2009
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 55
Descrición:

Se a comarca de Bergantiños é a patria da regueifa, o concello de Cabana é o centro telúrico dos cantadores da improvisación oral.

Isto testemúñao o presente trraballo do investigador Domingo Blanco. No cal cataloga cerca de 30 regueifeiros nados no municipio cabanés e que canatron a regueifa tanto aquí como noutros territorios vecinos ó longo do século XX.

Se a esta longa nómina de improvisadores orais engadimos tamén varias escritoras populares, Cabana de Bergantiños destaca como un rico verxel deste tipo de literatura en Galicia.

A vida e obra de Pepe de Xan Baña

Autor: Manolo Froxán, Ramón Ferreiro
Publicado: 23/09/1994
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 172
Descrición:

Trátase dunha das primeiras publicacións editadas polo concello de Cabana de Bergantiños. Neste libro o xornalista cabanés Manolo Froxán e Ramón Ferreiro realizan un detallado estudo da vida e obra de José Baña Pose que pasou á posteridade polo alias literario: “Pepe de Xan Baña”. Dependiente de bodega, poeta, xornalista, comerciante, maestro… todas estas profesiones exerceu Baña Pose. Estamos diante dun dos escritores que cultivou o galego na emigración. A súa terra natal, Santa Comba, e os seus problemas están recollidos nesta obra literaría amplamente coñecida e difundida.

Andando por Bergantiños. Cesullas.

Autor: Evaristo Domínguez Rial / Xan X. Fernández Carrera / Anton García Losada / Luis A. Guidás Álvarez
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 39
Descrición:

Trátase do 6º caderno da serie Andando por Bergantiños presentado  en 2003 polo Instituto de Estudios Bergantiñáns e que percorre a historia, a cultura e a natureza da parroquia de san Estevo de Cesullas.

Anosaclase’s Blog

Autor: 4ºB do CPI As Revoltas
Publicado: 26/08/2010
Idioma: Galego
Categoría: Blogues Anteriores
Descrición:

Blogue de 4ºB do CPI As Revoltas. Nel pódense atopar actividades, xogos, información útil, vídeos, fotos etc.

Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños

Autor: Xosé Manuel Varela Varela
Publicado: 19/09/2013
Idioma: Galego
Páxinas/Duración: 184
Descrición:

Cabana de Bergantiños é berce de creadores e artistas singulares que lle outorgan á súa terra natal un lugar de honra dentro da cultura galega. Toda unha ampla nómina de folcloristas, músicos populares, poetisas, regueifeiros, cesteiros, escultores ou pintores naïf que demostran o gran pulo e divesidade que tivo a cultura cabanesa ó longo dos séculos.

Nesta antoloxía reservámoslle un lugar especial ós poetas e poetisas populares seleccionando os seus textos máis sobranceiros a xeito de compilación.

Arquitectura megalítica na Costa da Morte (antas e mámoas)

Autor: Xosé María Lema Suárez
Publicado: 24/09/1999
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 20
Descrición:

“A presente guía pretende dar a coñece-los máis importantes monumentos megalíticos da Costa da Morte, facendo un especial achegamento ás doce antas que todo viaxeiro interesado pode e debe visitar. O patrimonio en grandes pedras das catro comarcas da zona máis occidental de Galicia é inmenso, pero só en pequena parte está documentado por investigacións científicas. Nas páxinas deste libro vai o desexo de que aqueles que miren unha anta ou unha mámoa sintan unha patriótica paixón por defende-las máis primitivas arquitecturas prehistóricas que nos deixaron os nosos devanceiros de hai miles de anos”

Arquitecturas da provincia da Coruña

Autor: José Ramón Soraluce Blond / Xosé Fernández Fernández
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 38
Descrición:

Dentro da comarca de Bergantiños é Cabana un termo municipal de tamaño medio (97,2 Km2), e dos menos poboados, tanto no que fai a cifras absolutas -os seus 5.593 habitantes en 1991 só superan ós de Laxe -como relativas- a súa densidade de 57,5 hab/Km2 é a menor de todo o conxunto-. Como o territorio comarcal, o concello esténdese por térras variadas que inclúen áreas costeiras e sectores elevados. No primeiro caso, Cabana asómase ó mar cun dobre aspecto, xa sexa na súa parte oriental ou na súa parte occidental: naquela debemos falar propiamente dun sistema de estuario determinado pola desembocadura do Anllóns e a barra areosa que constrúen as contribucións de sedimentos, tramo coñecido como enseada da Insua; nesta, trátase do litoral pouco articulado da marxe meridional da ría de Corme e Laxe. Cara ó interior, e sobre todo cara á parte suroriental, as terras van ganando altura de forma bastante rápida ata alcanzar máis de 400 metros, a través dunha ondulante topografía con pendentes ocasionalmente importantes.

O concello actual está formado pola agrupación de 10 parroquias que son Santo Estevo de Anos, San Xoán de Borneiro, San Martiño de Canduas, Santo Estevo de Cesullas, San Pedro de Corcoesto, San Paio de Cundíns, San Xoán de Esto, San Pedro de Nantón, San Martiño de Riobó e San Pedro de Silvarredonda, que permanecen desde tempos inmemoriais sen coñecer cambios de adscrición desde a constitución do termo no século pasado. Trátase do concello con menores manifestacións urbanas da comarca, pois nin sequera a súa capital (O Bosque, en Santo Estevo de Cesullas), deixa de ser un asentamento rural de dimensións algo maiores, evidentemente eclipsado pola proximidade doutras cabeceiras municipais máis destacadas.

As cruces de pedra na Galiza

Autor: Alfonso. D. Rodríguez Castelao
Publicado: 17/05/1949
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 2
Descrición:

A cruz viradoira do Roncadoiro está hoxe desaparecida. Por fortuna, sábese da súa existencia e forma grazas a un debuxo e texto do escritor e político Daniel R. Castelao incluída no volume As cruces de pedra na Galiza. Nesta parroquia cabanesa encóntranse dúas cruces viradoiras máis: unha camiño do lugar de Borneiro, outra en Vilaseco.