Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Publicacións EduCabana

RTV Remuíños

Autor: CRA Os Remuíños
Publicado: 06/05/2009
Idioma: Galego
Categoría: Blogues Anteriores
Descrición:

RTV Remuíños é unha canle multimedia elaborada como Proxecto Tic, polas nenas e nenos das escolas de: Anos, Borneiro, Corcoesto, Cundíns, Fontenla e Neaño; que en conxunto constitúen o Colexio Rural Agrupado «OS REMUIÑOS», en Cabana de Bergantiños (A Coruña).

    Co gallo de compartir co resto do mundo todo o traballo sobre as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) realizado dentro das aulas do CRA, deciden crear este Blogue no que ir colgando todos os proxectos elaborados durante o curso.

Ruta a pie por A Costa da Morte

Autor: Xan X- Fermçamdez Carrera
Publicado: 05/05/2011
Idioma: Castelán
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 12
Descrición:

Guía en castelán e inglés que contén unha selección dos principais puntos de interese turístico da Costa da Morte. Con textos e fotografías de Xan Fernández Carrera, o camiñante poderá disfrutar percorrer dun percorrido costeiro en 10 etapas desde Malpica ata Muros. Neste caso as páxinas seleccionadas corresponden ó tramo que discorre por terras de Cabana de Bergantiños

Ruta das mámoas

Autor: Asociación Ambiental Senda Nova
Publicado: 10/05/2012
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 2
Descrición:

Tríptico redactado polo historiador e mestre Evaristo Domínguez Rial dunha ruta de sendeirismo que transcorre pola parte suroccidental de Cabana de Bergantiños, por terras das parroquias de Nanón, Riobó e A Silvarredonda

Saturnino Cuíñas Lois

Autor: Xosé Manuel Varela
Publicado: 08/05/2025
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 87
Descrición:

Fotobiografía do cura do San Fins do Castro que se remonta ós anos da súa infancia na parroquia pontevedresa de Cotobade e remata cos actos póstumos de recoñecemento como fillo predilecto de Cabana de Bergantiños. Destácase a importancia de Saturnino Cuíñas como folclorista que achegou melodías populares a grupos como Milladoiro ou Cántigas da Terra, ademais de recibir a Medalla de Ouro do Premio Marcial del Adalid. Da súa faceta como párroco, saliéntase a revitalización da romaría do San Fins do Castro, hoxe festa patronal de Cabana de Bergantiños. O libro conta con ampla documentación gráfica sobre o autor, a súa época e a súa contorna. Descubre tamén a faceta de versificador popular deste crego folclorista.

Saturnino Cuíñas Lois

Autor: Concello de Cabana de Bergantiños
Idioma: Galego
Categoría: Persoeiros
Descrición:

Tras ser capelán da Condesa de Torre Penela de Carballo e da familia Figueroa en San Martiño de Horto (Abegondo), Saturnino Cuíñas Lois foi enviado como párroco a Santo Estevo de Cesullas en substitución de Manuel López Porto. Preséntase en Cesullas o 10 de abril de 1931 coa súa nai Adelina e irmáns Aurelio e María.

Desde a chegada, a súa parroquia de presentación cobrou un importante dinamismo no eido relixioso, festivo, social e mesmo en infraestruturas. Creou coros parroquiais, deulle vida ás celebracións relixiosas do Nadal ou achegouse á xuventude a través das festas do catecismo. Foi unha persoa importante para que se construíse a estrada de Neaño a Baio.

Como pagamento polo seu labor, a corporación municipal nomeouno fillo adoptivo de Cabana de Bergantiños o 17 de marzo de 1956 cando cumpría as vodas de prata como párroco. Neste acto descubriuse unha placa de mármore na igrexa de Santo Estevo.

Labor pastoral cos mais necesitadosDesempeñou o seu traballo pastoral ata poucos momentos da súa morte, o 7 de abril de 1978. O seu pasamento foi todo un acontecemento social na comarca de Bergantiños. Asistiron veciños de concellos colindantes e a corporación municipal en pleno. O enterro foi oficiado polo arcebispo de Compostela Ángel Suquía. Quedou soterrado no cemiterio parroquial.

Cinco anos despois, o 21 de agosto de 1983, o Concello de Cabana de Bergantiños realizoulle unha homenaxe póstuma e recoñeceuno como fillo predilecto. Nos actos culturais participaron as corais Coral de Bergantiños, Toxos e Flores de Ferrol, Follas Novas, Lembranza e Cántigas da Terra da Coruña, o grupo folc Marea Baixa de Carballo, os grupos folclóricos da Asociación Cultural Río Anllóns de Ponteceso e do colexio público As Revoltas de Cabana; o humorista O Xestal deleitou os asistentes cos seus divertidos chistes e despois cantou por primeira vez en público acompañado por Xosé Manuel Eirís que tocaba unha das zanfoñas que pertencera a Saturnino Cuíñas. Como fin de festa, Andrés Rei dirixiu a interpretación do famoso Berro Seco. Tamen se colocou unha placa conmemorativa na fachada da ermida de San Fins.

Saturnino Cuíñas e o San Fins do Castro

SEGREDOS DO NEOLÍTICO: Espazo Didáctico DOLMEN DE DOMBATE

Autor: Galipat
Publicado: 25/05/2018
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 18
Descrición:

O Concello de Cabana de Bergantiños en colaboración coa Deputación da Coruña, pon en marcha unha programación didáctica para os centros escolares de Galicia centrada no Dolmen de Dombate e na vida do Neolítico galego a través dos espazos museísticos do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

O Dolmen de Dombate é unha referencia como conxunto arqueolóxico e conta cun grande atractivo divulgativo: ter un pequeno centro vinculado ao Dolmen que tamén está musealizado e protexido. Por iso propoñemos aos centros escolares que adiquen unha xornada a coñecer dunha maneira lúdica e didáctica este lugar emblemático da historia da arqueoloxía de Galicia.

Neste programa poderedes atopar visitas guiadas gratuítas financiadas polo concello de Cabana de Bergantiños e unha serie de obradoiros didácticos adaptados ás necesidades específicas de cada ciclo educativo: Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato así como a ciclos de Educación Especial, Formación Profesional e Educación de Persoas Adultas.

A oferta adáptase á idade, coñecementos e niveis educativos do público escolar e compleméntase cos obxectivos curriculares nas súas competencias básicas. Ademais os centros que impartan cursos de educación non reglada poden atopar actividades transversais moi interesantes e aptas para os seus usuarios.

Poderedes coñecer un pouco máis sobre o Patrimonio Cultural Galego, aprendendo o pasado e experimentándoo dunha maneira lúdica e ao mesmo tempo educativa.

Tralas pegadas da historia nas beiras do Anllóns

Autor: Xosé Manuel Varela
Publicado: 06/05/1998
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 32
Descrición:

Libro dirixido ó público escolar que participa nos percorridos pedagóxicos organizados polo Concello. A voz de Eduardo Pondal convida ós lectores a visitar elementos de interese da enseada da Insua como a flora, a fauna, a carpintería de ribeira, as embarcacións tradicionais, os afundimenos e os xacementos A Cidá de Borneiro e o dolmen de Dombate.

Ademais de Eduardo Pondal, aparece outro persoeiro histórico da cultura galega como Frai Martín Sarmiento. As ilustracións corren a cargo do debuxante Pepe Carreiro.

Concello de Cabana de Bergantiños

Un testemuño sobre as mulleres armadoras no mar galego

Autor: Revista Ardentía
Idioma: Galego
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 2
Descrición:

A présente carta é unha magnífica mistura de correo comercial, coa profesionalidade que lle acae, e de sensibilidade. Foi escrita por unha muller para outra muller, ambas armadoras. Isto pode parecer algo estraño, pero na beiramar galega non o era tanto.

Walking tour in A Costa da Morte

Autor: Asociación Neria
Publicado: 04/05/2011
Idioma: Inglés
Categoría: Publicacións
Páxinas/Duración: 12
Descrición:

Guía en castelán e inglés que contén unha selección dos principais puntos de interese turístico da Costa da Morte. Con textos e fotografías de Xan Fernández Carrera, o camiñante poderá disfrutar percorrer dun percorrido costeiro en 10 etapas desde Malpica ata Muros. Neste caso as páxinas seleccionadas corresponden ó tramo que discorre por terras de Cabana de Bergantiños.

Xapón

Autor: CRA Os Remuíños
Publicado: 01/03/2014
Idioma: Galego
Categoría: Videos
Páxinas/Duración: 6
Descrición:

Na primavera de 2014 directora do CRA Os Remuíños, Cristina Parapar, presentou este audiovisual que forma parte dun proxecto realizado no centro polos profesores e os alumnos; María José Pousa, mestra neste CRA durante varios años, recordou outro traballo inspirado en Xapón, e Fumie Kitahori, xaponesa casada en Cabana, falou das diferencias e as semellanzas entre as culturas dos dous países e interpretó xunto coas alumnas da Escola Municipal de Musicoterapia unha danza tradicional nipona.