Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Coñecido como A Cibdá (cidade en castelán antigo), é un dos castros máis antigos de Galicia e foi o primeiro que contou cunha datación científica co método do C-14. Estivo habitado entre os séculos VI a. C. e o I d.C. e parece que a vida desapareceu dun modo lento, non repentino, a xulgar polo tipo, estado e localización dos materiais.

A Cibdá de Borneiro é un castro celta do século VI a.C., situado na parroquia de Borneiro, no Concello de Cabana de Bergantiños. Trátase dun dos poboados castrexos mellor conservados de Galicia e foi o primeiro castro da comunidade que puido datarse con seguridade grazas ao carbono-14.

A Cibdá

Dombate

Vida no Castro

Excavacións

O castro está situado nun outeiro, cunha excelente vista do val e moi preto do Rego das Gándaras. Está rodeado por unha muralla de pedra e un parapeto defensivo. A zona habitada esténdese por uns 90 metros de leste a oeste e uns 55 metros de norte a sur.

No seu interior hai arredor de 36 construcións de planta circular ou ovalada, organizadas en grupos familiares.

A coiraza e a masa tumular presentaban unha forma de funil na abertura da entrada á camara para facilitar o acceso á mesma. Tamén aparaceron as laxes horizontais do círculo peristalítico así como pedra da coiraza que se observan na actualidade nun dos muros testemuña. 

O túmulo primitivo tería unhas medidas de 10,5 m de diámetro e 1,00 m de altura. A cámara estaría formada por nove ortostatos cunha abertura ó Leste cunha entrada en forma de pozo.

 

Os seus habitantes eran labregos de cereais e leguminosas, e gandeiros de vacas, cabalos, porcos e ovellas.

O descubrimento de numerosas pezas de cerámica e bronce, que utilizaban nas tarefas diarias, así o demostra. Estas pezas están depositadas no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”, na Coruña.

O artesán local traballaba nun taller metalúrxico, onde fabricaba útiles metálicos que logo eran intercambiados por produtos agrícolas.

Pola proximidade ao mar, tamén é moi probable que desenvolvesen actividades pesqueiras e marisqueiras.

Respecto á organización social, non se pode falar de xefes guerreiros que gobernasen o castro. Sabemos que se respectaba o rango e a idade das persoas, e aínda que probablemente os homes detentasen certos roles de poder, os restos arqueolóxicos apuntan a unha sociedade cun certo grao de igualdade.

As primeiras escavacións realizáronse en 1930 por Isidro Parga Pondal, Sebastián González García-Paz e Florentino López Cuevillas, e continuaron nas décadas de 1970 e 1980.

Grazas a estas campañas, puidéronse recuperar multitude de restos que nos axudan a comprender mellor a forma de vida castrexa.

Os seus habitantes eran labregos de cereais e leguminosas, e gandeiros de vacas, cabalos, porcos e ovellas.

O descubrimento de numerosas pezas de cerámica e bronce, que utilizaban nas tarefas diarias, así o demostra. Estas pezas están depositadas no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”, na Coruña.

O artesán local traballaba nun taller metalúrxico, onde fabricaba útiles metálicos que logo eran intercambiados por produtos agrícolas.

Pola proximidade ao mar, tamén é moi probable que desenvolvesen actividades pesqueiras e marisqueiras.

Respecto á organización social, non se pode falar de xefes guerreiros que gobernasen o castro. Sabemos que se respectaba o rango e a idade das persoas, e aínda que probablemente os homes detentasen certos roles de poder, os restos arqueolóxicos apuntan a unha sociedade cun certo grao de igualdade.“Pasado Vilaseco… xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate…”

🔎 Interactúa coa app directamente aquí abaixo
Se non ves o botón de inicio ou o audio, despraza lixeiramente 👇

Outras construcións

Orgánicos

En pedra

Cerámicos

Metálicos

  • Apareceron concheiros en varios puntos do xacemento: son depósitos de cunchas de marisco mesturados con espiñas de peixe, posiblemente zonas de lixo ou restos de comidas.

 

  • Abundan os muíños de man e as pedras de afiar.

  • Tamén se atoparon moldes de fundición, doas de pasta vítrea, fusaiolas, e un machado neolítico pulido.

  • Son os máis abundantes: miles de fragmentos por campaña.

  • Hai formas como pratos, cuncas, olas e xerras, con decoracións que imitan cestos ou pezas metálicas.

  • Tamén se atoparon moldes, crisois de fundición, fusaiolas e mesmo fichas de xogo.

 

  • En bronce (cobre, estaño e chumbo): agullas, aneis, doas, fragmentos de vasillas e caldeiros, conteiras, empuñaduras de puñais, fíbulas e láminas decoradas.

  • En ferro (menos frecuentes): coitelos, fouces, cinceis, picos e ferramentas agrícolas ou metalúrxicas.

Non todas as construcións do castro eran vivendas, algunhas serían cortellos, almacéns ( ferreiros, 

oleiros, carpinteiros, cesteiros, etc.) No poboado atopáronse abundantes ferramentas e obxetos de metal 

( adornos, armas..), principalmente de bronce e ferro, o que confirma a posibilidade de que existise un  

taller metalúrxico de produción propia.