Castro animado 2011

Unha vez máis, Castro Animado volverase a converter nunha cita indespensable do verán cultural da Costa da Morte neste mes de xullo. Será a partir das 5 da tarde cando todo empece a bulir tanto no espazo da ‘acrópole’ como na área recreativa do rego dos Muíños que serve de entrada oficial ó recinto castrexo. A proposta de actividades camiña entre as recreacións prehistóricas, pasando pola música, sen esquecer a artesanía ou a comida.

Galego