Publicacións
Érase unha vez... un pintor naíf pola Costa da Morte
Autor: María Xosé Pousa Rodríguez
Publicado: 2007
Páginas/Duración: 23 Páxinas
Idioma: Galego

   As seis escolas rurais de Cabana de Bergantiños (Neaño, Anos, Borneiro, Cundíns, Fontela e Corcoesto), agrupadas baixo o nome de CRA Os Remuíños, sumáronse ó 25 aniversario do cumprimento en que o pintor de Borneiro Manuel Lema Otero conseguira o Iº Premio de Pintura Naíf da Fundación Barrié de la Maza. Cada unitaria pintou en mural unha das obras de Manuel Lema.

   Dentro desa homenaxe dos máis novos de Cabana ó seu veciño pintor naceu o volume Érase unha vez... un pintor naíf pola Costa da Morte da profesora María Xosé Pousa Rodríguez. Nel inclúense sete actividades nas que o alumnado terá que pintar, recortar, pegar ou completar distintos cadros de Manuel Lema. A finalidade é que cada neno non só coñeza desde idade temperá o seu veciño pintor, senón que tamén aprenda de modo divertido a través da pintura.

Concello de Cabana de Bergantiños / Deputación da Coruña