Publicacións
El Dolmen de Dombate. Arqueología, restauración, arquitectura.
Autor: Deputación da Coruña
Publicado: 2011
Páginas/Duración: 312 Páxinas
Idioma: Castelán

Extensa e detallada publicación sobre o Dolmen de Dombate recompilada unha vez rematadas as excavacións e inaugurado o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. Os autores realizan un exhaustivo traballo sobre un dos dólmenes máis estudiados e coñecidos. Trala introdución inicial ós dólmenes e ó megalitismo na Costa da Morte, vaise contando a historia recente desde monumento desde as primeiras referencias, pasando polas excavacións, os descubrimentos, a arte prehistórica e a súa conservación e outros estudos realizados.