Publicacións
Comarca Natural de Bergantiños
Autor: Salvador Parga Pondal
Páginas/Duración: 489 Páxinas
Idioma: Galego

    Desde hai moitos séculos, coñécese co sonoro eufónico nome de Bergantiños unha extensa comarca natural situada ó occidente da cidade da Coruña, asento dun pobo –bergantiñán– claramente definido na rexión galega, traballador e sufrido, como corresponde a un país mariñeiro e agrícola, que mereceu o apelativo de «graneiro de Galicia».

    Esta comarca, na que o verdor dos prados se mestura cos dourados cereais, co murmurio dos piñeiros e co fragor dos rompentes do mar, non acadou nunca un estudo particular no que fosen amosadas as súas características nin o mediano honor e unha división administrativa.

    Por outro lado, é evidente que, aínda a risco de caer nun tema amorfo, só mediante monografías descritivas de pequenas comarcas, pode chegar a ser algún día realidade feliz unha auténtica e exhaustiva xeografía nacional, bastante incompleta hoxe por esta falta deses estudos particulares.