Publicacións
Cabana no tempo
Autor: Francisco Xavier Castro Beizana
Publicado: Maio-Xuño 2000
Páginas/Duración: 22 Páxinas
Idioma: Galego

   Ao comezar a elaborar esta unidade didáctica, propuxémonos acadar unha serie de obxectivos cos rapaces á hora de realizar o percorrido polos catro puntos seleccionados do Concello de Cabana de Bergantiños: o castro A Cidá de Borneiro, o dolmen de Dombate, unha carpintería de ribeira e un muíño de auga.

-Potenciar o coñecemento do entorno máis inmediato dos rapaces para a súa propia valoración do que eles teñen ao seu arredor.

-Exercitar a súa imaxinación e a súa propia capacidade de asimilación e elaboración de preguntas sobre os diferentes temas tratados.

-Non se pretenderá "atafegar" ao alumno con moitos conceptos, senón que se tomará como unha viaxe turística relaxada, pero ao mesmo tempo, intentar estimular o interese dos alumnos a través de diferentes actividades propostas máis adiante.

-Acadar no alumno unha actitude positiva con respecto a todo aquilo que está observando "in situ" nos distintos lugares visitados.

-Atinxir un bo ambiente e grao de compañeirismo entre os componentes da excursión.

-Mostrar como os distintos puntos de visita son orixe de diversas composicións literarias.