Vídeos
Encontros coa memoria (resume)
Autor: Concello de Cabana de Bergantiños
Publicado: 2006
Páginas/Duración: 16 min. 26 seg.
Idioma: Galego

   Gravacións realizadas no verán de 2006 polo ourensán Lois Pardo en colaboración cos técnicos do concello de Cabana. Nelas recóllese en vídeo ou audio moita da tradición oral que está desaparecendo no concello de Cabana de Bergantiños ben sexa relacionada cos oficios (ferreiros, gandeiros, ferradores, lancheiros, carpinteiros de ribeira, mineiros...) ou coa música popular (bailes, coplas, regueifa…). Neste caso publicase un curto fragmento das distintas gravacións.