Vídeos
Cabana Sostible
Autor: Aporta Comunicación
Publicado: 2007
Páginas/Duración: 20 min. 48 seg.
Idioma: Galego

   O concello de Cabana de Bergantiños atópase en pleno corazón da Costa da Morte, na patria do poeta Eduardo Condal. Percorrer os seus camiños supón o descubrimento de espazos naturais de grande interese así como de xacementos prehistóricos de primeira orde como o Dolmen de Dombate ou o castro A Cidá de Borneiro. Tamén atopamos fontes milagreiras e máxicas carballeiras, igrexas e capelas ou tamén espazos de vida como a Enseada da Ínsua que permiten desfrutar da observación de aves migratorias ou do espazo dunar da Barra do Monte Branco.

   A relación do home coa natureza marca o desenvolvemento do territorio. Cabana loita polo aproveitamento racional dos seus recursos co obxectivo de obter a sostibilidade do entorno e a vida en armonía neste paraíso natural que preside o esteiro do Anllóns.