Urbanismo

Na actualidade, a Cidá de Borneiro presenta excavadas as tres cuartas partes da superficie da croa e un total de 36 construccións extendidas por toda a ladeira do monte. A acrópole, de forma case oval, mide 90 m. en dirección norte-sur e 55 m. en sentido transversal de leste a oeste. Está rodeada por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde só hai un ó actuar a propia pendente do terreo como defensa natural. Desde o castro, a 212 m. de altitude, poderáse controlar o territorio que o rodea, sobre todo a desembocadura do Río Anllóns e a Ría de Corme e Laxe. 

As construccións atopadas no interior da croa de Borneiro son todas de tipo doméstico e a planta predominante é a redondeada. Non todas deberon funcionar como vivendas; algunha, polo tipo de pedra dos muros, de materiais atopados no seu interior, dimensións, etc. debían funcionar como anexos ou dependencias. En moitas delas atopáronse os fogares orixinarios, pero non se conservan os restos orgánicos (poste central, teito de palla e madeira...) debido, sobre todo, á acidez característica do chan galego. Esto impide coñecer moitos datos sobre os bens materiais e mobles ó desapareceren na súa maioría. 

Ademáis do recinto principal ou "croa" do castro, coas vivendas máis ou menos separadas en barrios, tamén hai unha zona coñecida como o Barrio de Extramuros, no lado leste, coincidindo coa entrada principal do poboado. É un conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda. Suponse que se construiu máis tardiamente que o recinto principal e puido ter unha finalidade industrial para fundición de metais.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).