Subvencións

SUBVENCIÓNS A FONDO PERDIDO PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO.

Galego

Beneficiarios:
Persoas físicas promotoras das actuacións de remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrucción de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago. Tamén poderán ser beneficiarias aquelas persoas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a solicitasen nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude ou que, téndoa presentado nese período, rematese o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.

SUBVENCIONS A ESTABLECEMENTOS DE TURISMOS RURAL, ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS, APARTAMENTOS E VIVENDAS TURÍSTICAS, CAMPAMENTOS DE TURISMO, AXENCIAS DE VIAXE, CAFETARÍAS, BARES, RESTAURANTES E EMPRESAS DE SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS, NOS PROCESO

Galego

Finalidade: Subvencións para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, ao seguimento e á renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Actuacións dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento ou renovación da marca Q de calidade turística do ICTE, correspondentes ao ano 2016 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2016.

Prazo: UN MES (ATA O 7 DE MAIO DE 2016)

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS, COFINANCIADAS CO FEADER NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020, E SE ANUNCIA A CONVOCATORIA PARA O ANO 2016.

Galego

Beneficiarios: Pequenas empresas; persoas físicas que residan nunha zona rural; titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Finalidade: Apoio á creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias ben mediante a creación, ampliación e modernización das unidades de produción no medio rural.

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

Galego

OBXETO: fixar as bases reguladoras e proceder a convocatória para o ano 2016 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada por traballadores autónomas.

Publicación: DOG nº 248 do mércores 30 de decembro de 2015 (Consellería de Economia, Emprego e Industria).


INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Galego

OBXETO: fixar as bases reguladoras e proceder a convocatória para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñan por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema de Garantia Xuvenil a través dos seguintes programas:
- Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas.
- Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas.

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Galego

Finalidade: promover e axudar a financiar os proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional.

- Altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que se formalicen ou se vaian a formalizar dende o 01/10/2015 ata o 30/09/2016.

Publicación: DOG nº 247 do martes 29 de decembro de 2015 ( Consellería de Economia, Emprego e Industria).


AXUDAS A PARTICULARES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO 2015 (REFORMA 15) E ADHESIÓN DE EMPRESAS COLABORADORAS.

Galego

1.- Obxeto: 
Axudas do IGAPE a particulares para a rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas,..) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos. Complementaranse con un desconto propio do establecemento de venta adherido.

2.- Beneficiarios: 

SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL.

Galego

Obxeto: 
Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentanto a rexeneración do tecido comercial.

Beneficiarios: 
- Que desenvolvan a súa actividade comercial em Galicia e o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
- Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos na data en que se presenta a solicitude.

Páxinas