San Roque da Ermida

A capela levantada en honra a San Roque bautizou este lugar da parroquia de anos. San Roque é avogoso contra a peste. Na idade media, este espazo debía ser un fervedoiro de xentes, dado que por aquí pasaba o camiño que seguían os romeiros en peregrinación desde Ponteceso ata Compostela. A romaría de San Roque non goza hoxe do esplendor de antano, como, por exemplo, no tempo no que a casa de Fidalgo, próxima á capela, tiña a obriga de pagar a procesión de San Roque. Esta romaxe celébrase cada 2º domingo de agosto.

 

A carballeira

Todo o campo da romaría está cuberta por unha mesta carballeira. A capela e a fonte escóndense baixo a frondosa ramaxe.

 

A ermida

A documentación testemuña xa a súa presencia na idade media: ?no lugar de Seixos Brancos, hai unha ermida de San Roque, á beira do camiño, cara a Santo Estevo de Anos, Esmorís e Cesullas?. Presenta unha gran capela cadrangular a maior altura cá nave. A fachada é sinxela. No interior destaca o seu retablo maior de estilo barroco.

 

O cruceiro

Érguese próximo á agra de en fronte un pouco separado da capela. No reverso aparece unha Piedade. No anverso a Virxe, a Madalena e San Xoán abrazan a Cristo crucificado. Na vestimenta da imaxes, destaca o bo trazado dos pregues dos seus vestidos.

 

A fonte

É de moderna feitura. Sitúase fronte á fachada da ermida.

Galego