San Pedro de Silvarredonda

Cruceiro do Adro

Está construído en granito. Carece de plataforma. O pedestal é octogonal. A mesa está exentea. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é cadrangular, de brazos con chafráns e remates florenzados con botón central.

 

Cruceiro de Baneira I

Construído en granito, na actualidade encóntrase roto. Carece de plataforma e ten como singular o seu pedestal semiesférico. O varal é octogonal, pero comezado en cadrado e con paramentos recadrados. O resto de elementos están desaparecidos.

 

Cruceiro de Baneira II

Está construído en granito. Carece de plataforma e o pedestal é unha pedra sen labrar. O varal octogonal comeza cadrado. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é octogonal.

 

Cruceiro da Paradoa

Construído integramente en formigón. Carece de cruz e pedestal. Aparece unha mesa exenta. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é cadrangular. No anverso ten a Cristo crucificado con tres cravos, de mans pechadas, cabeza inclinada á dereita, coroa de espiñas, pano da pureza atado á esquerda e pergameu de INRI.

Galego