- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
¿Como recoñecer as aves?
Pequenas recomendacións
Se queres achegarte ó mundo das aves do esteiro do Anllóns non é preciso que sexas un gran especilista en avifauna. Tan só tendo en conta como son as cores das súas plumas, observando as formas de voo, reparando nas siluetas dos seus corpos, vendo pequenos detalles ou comportamentos singulares decataraste como non che será tan difícil converterte nun ornitólogo afeccionado.
Poderás recoñecer aves polas cores da súa plumaxe. O macho do alavanco distínguese pola cor verde botella da súa cabeza, mentres que a femia é parduza. A garza real combina elegantemente moitas plumas grises con capas de branco. As garcetas presentan unha brancura de neve. As gavitas combinan plumaxe negra e branca cun peteiro alaranxado. O martiño peixeiro ofrece unha mestura de verde e salmón no seu enérxico voar. Os cormoráns tínguense totalmente de negro.
Pola forma de voar tamén poderás distinguir aves. O cormorán voa en liña recta, coma unha frecha, a ras de auga e con rápidos movementos de as mentres estira o seu longo pescozo. Polo contrario, a garza real ten un voar pesado e lento, case estático, con planeamentos. As ánades é frecuente que voen en parella.
Tamén as recoñecerás pola silueta. As ánades nadan semimergulladas e de cando en vez meten a cabeza dentro da auga para pescar. Os cormoráns son mellores mergulladores posto que se desprazan por debaixo da tona da auga ó longo de moitos metros. As limícolas presentan semellanzas morfolóxicas aínda que varían o tamaño do corpo e peteiro. Desde o peteiro longo e curvo e o corpo grande do mazarico curlí ata o pequeno tamaño de calquera pirliño. As garzas reais amósanse elevadas e co pescozo estirado tanto nas illas de area como coas longas pernas metidas nas augas da marisma.
Outras veces verás como as aves presentan pequenos detalles que as converten en inconfundibles. O pato cullerete amosa un peteiro con forma de culler que lle serve para filtrar a auga e a avefría presenta un longo penacho na parte traseira da cabeza.
De comportamento singular é a píllara papuda. Desprázase pola area con paradas curtas e rápidos movementos de pernas. Ademais, para defender o seu niño perante un depredador, finxe ter unha á rota e, arrastrándoa polo chan, afástao a distancia suficiente que evite o perigo.
Galego