Proxecto RedeXiana2 (2012 - 2015).

O concello de Cabana de Bergantiños participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.

O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.

O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida. 

Ademáis ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorizacion e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.

Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.

As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a Zona 6, que se desenvolverán no concello de Carballo.

Capacitación:
- Talleres de empleabilidad: 30 h
- Habilidades sociais e comunicativas:15h
- Alfabetización informática: internet:10h

Preformación:
- Responsabilidade social: 15h
- Búsqueda de emprego e novas tecnoloxías: 15h
- Apoio preparación probas competencias clave: 60h

Formación Transversal:
- Novas tecnoloxías de información e comunicación:25h

Formación Complementaria:
- Conducción económica e eficiente: 9h

Formación específica básica:- Montador de estruturas metálicas:290h
- Montaxe e mantemento de bens de equipo e maquinaria industrial:220h 

Formación específica primer nivel:
- Operador de estiba/desestiba e desprazamento de cargas:520h

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de emprego do concello de Cabana de Bergantiños.

Prazo de inscrición: ata o 3 de maio de 2013.

Enlace de interese:
Proxecto RedeXiana2 (2012 - 2015).

Sen definir