DEMODAY GO2WORK CABANA DE BERGANTIÑOS

Sen definir

A Escola de Vela acolleu esta tarde o demoday dos proxectos elaborados no marco do programa Go2Work.

Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a creación de redes de comunicación entre as diferentes persoas emprendedoras e facilitar a posta en marcha dos seus proxectos. Nos espazos de coworking as persoas participantes contan coas ferramentas necesarias para o desenvolvemento das ideas, ademais de titores e mentores que guían o seu proceso creativo. No acto estivo presente o alcalde José Muíño que agradeceu poder contar con estas iniciativas e eloxiou 'a valentía e a intelixencia emocional de todas e todos os creadores'.

Link ao post con fotos