Cabana remata o seu programa de lecer infantil para a tempada estival ‘Meniñeiro Verán 2022’

Galego

Os nenos e nenas do Concello de Cabana de Bergantiños, nados entre os anos 2010 e 2018, remataron hoxe o ‘Meniñeiro 2022’, un programa de lecer para verán cunha ampla variedade de actividades lúdicas e educativas. Como se trataba do derradeiro día, as rapazas e rapaces acudiron disfrazados e disfrazadas.

A iniciativa desenvolveuse ao longo dos meses de xullo e agosto en catro quendas; do 4 ao 15 de xullo; do 18 ao 29 de xullo; do 2 ao 12 de agosto e finalmente do 16 ao 26 de agosto. A programación de todas elas desenvolveuse de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura.

Desde o Concello queren destacar “a boa acollida deste programa un ano máis, así como o comportamento das pequenas e pequenos, que xa fora exemplar o ano pasado coas restricións sanitarias”.