VERÁN CULTURAL 2022

Sen definir

Xa está aquí a programación cultural para o verán!
O Dolmen de Dombate converterase novamente no epicentro cultural do verán cabanés, cunha programación con propostas para todos os públicos.
O programa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, ofrecerá un diverso abano de actividades que irán desde citas teatralizadas a cargo de Os Quinquilláns, visitas guiadas nocturnas, actuacións musicais obradoiros ata a ruta das estrelas, da man do catedrático en física Jorge Mira.
Ademais, completarán a programación cultural romarías, obradoiros, cine e o agardado regreso do Castro Animado e da Tarde - Noite no Medievo!