O Concello conclúe reparacións en estradas de Silvarredonda cun investimento de máis de 52.000 euros

Sen definir

<p>O Concello de Cabana rematou a execución de melloras en varias estradas na parroquia de Silvarredonda a través dun investimento de 52.315 euros financiados mediante o Plan Único da Deputación da Coruña. Os traballos realizáronse nunha vía no núcleo de Paradoa e na conexión entre este lugar e Xesteira. En ambas estradas procedeuse á limpeza da masa vexetal en ambas marxes, acondicionamento de cunetas, escavación de terras e recheo con zahorra compactada. Finalmente, dispúxose unha capa de aglomerado asfáltico en quente e procedeuse ao pintado das correspondentes marcas viarias. O rexedor cabanés, José Muíño, lembrou que esta actuación “está incluída dento dun paquete de intervencións cos que se está a mellorar unha parte moi importante da rede de estradas municipais”. Xunto ás reparacións executadas en Silvarredonda e Rioboo por 95.000 euros e “a máis proxectos finalizados que se anunciarán nos vindeiros dias”, “o goberno local segue a priorizar o coidado das infraestruturas municipais”.</p>