O Concello de Cabana conmemorará o 25-N a través da xornada 'A visibilidade da muller'

Sen definir

<p>O Concello de Cabana conmemorará o 25N a través da xornada ‘A visibilidade da muller'. A Casa do Pendón acollerá dende as 11:00 horas deste xoves, 25 de novembro, un acto onde participarán artistas como a poetisa Maica Pastoriza ou a pintora local Carmen Méndez, entre outras, xunto a veciñas do municipio para pór énfase na necesidade de concienciar á poboación desde a cultura e a educación. A xornada culminará coa actuación musical do grupo Son de Cabana. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse chamando ao 981 754 020.</p>