Cabana convida á veciñanza a participar activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Sen definir

<p>O Concello de Cabana convida á veciñanza a participar activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), cuxo obxectivo principal implantar as formas de desprazamento que fagan compatibles o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente para garantir unha mellor calidade de vida á veciñanza. Para isto, é imprescindible a aportación das veciñas e veciñas do municipio, e desde a Administración local lánzase a seguinte enquisa en liña (https://bit.ly/3vwn3Xy) que pode cumplimentar toda persoa que así o desexe e poder ser partícipe dun Concello de Cabana máis amable co medio. Desde o goberno local agradecen “de antemán” que a veciñanza se involucre nun ámbito “a nivel colectivo e de máxima importancia”, que marcará o “devir do noso modo de desprazarnos para contribuír á disminución da pegada de carbono no planeta”, engaden.</p>