Cabana achega o lecer a toda a veciñanza con actividades deportivas e obradoiros de memoria polas parroquias

Sen definir

<p>O Concello de Cabana acaba de presentar a súa programación de actividades culturais, deportivas e obradoiros de memoria nas súas parroquias co obxectivo de achegar a toda a poboación unha opción de lecer saudable e accesible. Deste xeito, organízanse grupos no Local Social de Anós, no Local Social de Borneiro, no Centro de Maiores de Cesullas, no Local Social de Corcoesto, no Local Social de Cundíns, no Centro de Recursos Íntegro de Nantón e no Local Social de Riobó. Entre as actividades que se ofertan están cursos de ximnasia de mantemento e obradoiros de memoria destinados para persoas a partir de 55 anos. Ademais, impartiranse clases de ioga e pilates a partir de 18 anos. As inscricións poderán realizarse nas oficinas municipais desde o luns 4 ata o venres 8 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas. A programación dará comezo a partir do mércores 13 de outubro. Para máis información, horarios e prazas habilitadas está dispoñible o teléfono 981 754 020. As bases poden consultarse en https://bit.ly/3zZxS4Y.</p>