O Concello de Cabana comezará a tempada de piscina climatizada e ximnasio a partir do 13 de setembro

Sen definir

O Concello de Cabana comezará a tempada de piscina climatizada e ximnasio a partir do 13 de setembro logo da suspensión da actividade no mes de marzo pola evolución da situación sanitaria.

Deste xeito, durante este mes de setembro ofrecerase o servizo de xeito gratuíto para todas aquelas persoas que figurasen de alta como socias no mes de marzo como compensación polo cese prematuro da actividade.

A tempada comezará cos mesmos horarios estipulados para cada socio como se procedía en marzo para así reorganizar os grupos e comezar novos cursos no mes de outubro. Así, o horario será de luns a venres de mañá en horario de 9:00 a 12:00 e de tarde de 17:00 a 22:00 horas. O servizo os sábados será de 9:00 a 14:00 horas.

No caso de existir calquera dúbida ou ser necesarias aclaracións, o Concello habilita o teléfono 981 754 355 para toda a veciñanza e persoas usuarias.