Cabana aproba definitivamente a ordenanza para protexer e conservar os camiños e vías públicas en relación coas operacións de saca de madeira

Sen definir

O Concello de Cabana de Bergantiños aprobou definitivamente a ordenanza para protexer e conservar os camiños e vías públicas en relación coas operacións de saca de madeira, e co obxectivo prioritario de recuperar o equilibrio entre a actividade económica relacionada coa saca de madeira e o bo mantemento do dominio público viario, así como garantir a seguridade viaria da veciñanza. Entrará en vigor o día 1 de marzo.

Óptase polo procedemento de intervención menos lesivo para que as persoas que realizan esta actividade e tamén se regula o réxime de depósito de garantías, puidendo sancionar así o incumprimento dos preceptos da ordenanza e a incidencia dos danos no dominio público. As infraccións poden variar entre 600 e 3.000 euros.

Así, a comunicación da corta será efectuada pola persoa responsable da tala, identificando en todo momento á empresa encargada, a especia obxecto da mesma, efectuando a correspondente declaración responsable,
identificando a parcela afectada e o lugar de depósito e vías a empregar para transportar a madeira, identificando os vehículos que interveñen, o xustificante de presentación da fianza e a duración estimada dos traballos, así como as autorizacións sectoriais, si é que as houbera.

O Concello de Cabana de Bergantiños establece un prazo de 15 días hábiles para declarar completa a documentación presentada. No caso de estar incompleta, concederáselle á persoa interesada un prazo de 10 días hábiles para posibles enmendas da documentación presentada.

O alcalde, José Muíño, quixo remarcar “a importancia de aprobar este tipo de ordenanzas, que sin lugar a dúbidas regularizarán a actividade madeireira e contribuirán o mellor emprego dos camiños e vías públicas de Cabana de Bergantiños, ademais de optimizar a seguridade da veciñanza”.