- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
O Concello proxecta a mellora de camiños municipais con acceso a parcelas agrícolas

Galego
O Concello de Cabana proxecta a mellora de camiños municipais con acceso a parcelas agrícolas, con actuacións que comprenden a ampliación, mellora e mantemento dos mesmos. Os traballos executaranse en base ás axudas aprobadas no Plan Marco, cun orzamento de 52.228 euros. En total, actuarase en máis de dous quilómetros e medio de viais.
A actividade gandeira do municipio fai que boa parte dos camiños sexan empregados por maquinaria agrícola de todo tipo, que polo seu peso e dimensións provocan danos nas mesmas, e unido isto ás condicións meteorolóxicas adversas fan erosionar o firme e producen importantes danos.
É por iso que se decide intervir nos tramos dos lugares de Río Esmorisa a Barcia; de Baneira cara A Braña e de Baneira a Regoseco. Así, incrementarase o ancho dos viais, con acabados nos mesmos materiais nos que están constituídos actualmente, e coa finalidade de reducir as zonas de curvas e escasa visibilidade, así como permitir o cruce de vehículos, especialmente de camións e maquinaria agrícola de peso considerable.
O alcalde, José Muíño, sinala que “estas intervencións, ademais dunha mellora das vías e camiños municipais, tamén suporán un incremento na seguridade, algo que é prioritario para nós”, incide o rexedor.