- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
O alcalde de Cabana recibe ao vicepresidente da Xunta e o delegado provincial na Coruña para dar a coñecer as melloras do pavillón
Sen definir
O alcalde de Cabana, José Muíño, recibiu esta mañá a visita do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a quen acompañou tamén o Delegado Provincial na Coruña, Gonzalo Trenor, para coñecer as melloras levadas a cabo no pavillón municipal.
Os traballos, financiados nun 61,33% polo ente autonómico, contaron cun orzamento total de 65.223,91 euros, enmarcados na convocatoria de subvencións para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencellados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2020.
As intervencións que tiveron lugar no edificio que alberga o pavillón, a piscina e o ximnasio, ademais do auditorio, centráronse no cambio das portas de acceso exteriores, a reposición dos canalóns, o arranxo das cubertas e o cambio da tarima dunha das salas por outra máis resistente, en PVC. Tamén se levaron a cabo tarefas de pintado nas bancadas.
Pola súa banda, o alcalde de Cabana, José Muíño, quixo “agradecer a presenza tanto do vicepresidente como do delegado provincial” para dar a coñecer unha intervención “importante para o noso municipio, porque estamos a falar dunha instalación da que fan uso sobre 800 persoas, tanto nenas e nenos co maiores”, e incluso xente “doutros concellos”, convertendo a mesma nunha infraestrutura “supramunicipal ou comarcal”. “Esta intervención é para todas e todos e agradecer que contaran coa nosa demanda, e agardo que proximamente poidamos frear a incidencia da covid-19 para que a veciñanza poida facer uso das mesmas”, finalizou.
Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quixo tamén “agradecer a acollida do alcalde para visitar esta intervención, unha obra que é moi significativa xa que hoxe anunciamos unha nova convocatoria para o ano 2021 e destinada a concellos que desexen realizar actuacións como a que hoxe estamos a contemplar”, sinalou. “Son os propios gobernos municipais os que mellor coñecen as necesidades da veciñanza e os que elixen sempre actuacións como estas, onde con pequenos investimentos se pode chegar a moitas persoas”, remarcou.
Para finalizar, o delegado provincial, Gonzalo Trenor, quixo sinalar “a relevancia de non frear investimentos en infraestruturas a pesar do contexto que estamos a vivir, porque as xestións realizadas nun tempo tan particular repercutirán positivamente nunha futura normalidade que, agardamos todas e todos, esteamos máis preto de acadar”, argumentou.