O concello de Cabana pasa a nivel extremo e aplicaráselle o peche perimetral único

Galego

A partir da entrada en vigor do novo DOG, as 00.00 horas do xoves, 21 de xaneiro, o concello de Cabana de Bergantiños pasará a estar en nivel de risco máximo por #covid19.

A hostalaría ten que pechar ás 18.00 horas, e só poderá ter as terrazas abertas cun máximo de aforo do 50%.

O noso concello queda pechado perimetralmente de xeito individual, isto é, non se poderá entrar nin saír por motivos que non estean debidamente xustificados.

O máximo de non conviventes que se poden reunir seguen sendo 4, e se recomenda que non se realicen estas xuntanzas a partir das 18.00 horas.

O comercio deberá pechar ás 21:30 horas, cos aforos ao 50%.