- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
O Concello licita o Servizo de Axuda no Fogar para, como mínimo, tres anos e por unha cantidade de 2.727.178,63 euros

Galego
O Concello de Cabana de Bergantiños licita o Servizo de Axuda no Fogar por unha cantidade de 2.727.178,63 euros. A finalidade do SAF é mellorar a calidade de vida das persoas que requiren algún tipo de apoio para a realización das tarefas básicas da vida diaria. O contrato terá unha duración de tres anos, prorrogables a dous máis.
O alcalde, José Muíño, destaca a importancia de que “Cabana conte cun servizo de este calado”, que repercutirá positivamente no “benestar de todas aquelas persoas que o precisen”, recalca o rexedor.
A atención ás persoas usuarias da liña de dependencia será desde as 8:00 ás 22:00 horas, de luns a domingo e incluídos os festivos, namentres que na liña de SAF básico, a atención será de 8:00 a 20:00 horas, de luns a venres excepto os días festivos. O prezo da hora no formato de libre concorrencia será de 21,43 €, e na liña de dependencia, de 20,26 €. O importe do contrato está determinado pola suma de todos os servizos executados e facturados pola empresa adxudicataria, e non se poderán superar, en todo caso, o número máximo de horas, estipulado en 19.935 no ano.
O SAF está dirixido a todas as persoas ou unidades de convivencia do municipio de Cabana para que, dada a valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.
Son, polo tanto, potenciais usuarios e usuarias as persoas maiores con déficits de autonomía ou con diversidade funcional, especialmente cando carezan de apoio na súa contorna; os fogares con menores nos que se observe unha necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo; familias en risco de exclusión social ou desestruturación; persoas ou grupos de convivencia con excesivas cargas ou, en xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, sempre avaliada tecnicamente.
O equipo de goberno apunta á relevancia de “dotar á veciñanza de ferramentas de carácter social para cubrir necesidades de primeira liña, obxectivo prioritario para nós e polo que seguiremos traballando”.