Xuntos polo Nadal 2019

Sen definir

Comunicámosvos a apertura do Programa Xuntos polo Nadal/2019 para persoas maiores que estean soas e non teñan con quen pasar as datas de Nadal.

O prazo para presentar as solicitudes está aberto desde onte ata o 15/11/2019.

Ao mesmo tempo, solicitamos de novo a vosa colaboración para transmitir ás persoas solicitantes deste programa de que deben ser conscientes das peculiaridades seguintes:

1.- O programa realízase en habitacións compartidas. Non existe a modalidade de habitación individual de non ser que acompañen coa solicitude un informe médico que o xustifique.

2.- As persoas que precisen algunha dieta de alimentación, deben acreditalo a través dun xustificante médico que aportaran xunto coa solicitude ou co documento de aceptación da praza.

3.- As persoas solicitantes deben ter autonomía e ser capaces de adecuarse ás condicións establecidas para o desenvolvemento do programa.

4.- As persoas que participaran en edicións anteriores e non se adaptaran ás normas de convivencia establecidas poderan ser excluídas pola comisión de selección e valoración de solicitudes.

Podedes atopar máis información na páxina web da Consellería de Política Social:

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/xuntos-polo-nadal-2019