AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL (AUXS) PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA ÁS PERSOAS MÁIS VULNERABLES

Sen definir

Obxecto
Pagamento da factura eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación:
Desde o 15 de xaneiro até o 15 de novembro de 2016.

Persoas beneficiarias:
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano) e que teñan aviso de interrupcións de subministración eléctrica por non pagamento, segundo a normativa vixente, ou ben esta interrupción xa se producira, pola mesma causa.

Lugar de presentación:
- As solicitudes pódense tramitar no departamento de servizos sociais (traballadora social) previa cita nos teléfonos 981-754230/981-754257.
- Deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde o enlace: 
https://axudascortes-subministracion.xunta.gal

Máis información:
Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables.
ORDE do 28 de decembro de 2015 (DOG nº 249 do 31/12/2015).
CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 (DOG nº 14 do 22/01/2016).
ORDE do 15 de xaneiro de 2016 (DOG nº 18 do 28/01/2016).
Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Formulario normalizado.