Miradoiro de aves

En outubro de 2006, durante a celebración do Iº Congreso de Ornitología da Costa da Morte, inaugurouse o primeiro observatorio de aves deste litoral da provincia da Coruña. Desta maneira, desde o concello de Cabana de Bergantiños, quixéronse recoñecer os máis de trinta anos que José Luís Rabuñal Patiño, un dos máis importantes ornitólogos do estado español, dedicou á observación e estudo de aves na enseada da Insua poñéndolle o seu nome.

Miradoiro de Aves José Luís Rabuñal Patiño, unha caseta de madeira perfectamente integrada na paisaxe, está situada na praia da Urixeira. No seu interior, colocáronse uns paneis divulgativos que informan das rutas migratorias das aves que chegan ó esteiro, dos espazos que ocupa a avifauna no mesmo, das rarezas que se puideron observal nalgunha ocasión, de cómo recoñecer aves ou dos útiles para observalas

Para a súa utilización é necesario solicitar as chaves de acceso no concello (981 754 020) ou no Hostal Monte Branco (Neaño)

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1557 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).